18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

Os sindicatos levantan o encerro en PSA e convocan unha xornada de folga

A protesta desenvolverase o xoves 16 de maio para esixir solucións á sobrecarga de traballo na liña de montaxe

10 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Representantes sindicais de PSA coa deputada Yolanda Díaz. / Foto: En Común Unidas Podemos Representantes sindicais de PSA coa deputada Yolanda Díaz. / Foto: En Común Unidas Podemos

Os representantes de CIG, CCOO e UGT no comité de PSA Vigo que mantiña un peche nas instalacións de Vigo dende o pasado luns acordaron este venres levantar esta medida e, ante a “falta de respostas por parte da dirección para solucionar os problemas de sobrecarga de traballo en montaxe”, dar un paso máis e convocar unha xornada de folga para o vindeiro xoves 16.

A esta xornada de paro poderíanlle seguir outras xornadas de folga “porque non imos abandonar a reivindicación sobre o exceso de carga de traballo dos postos produtivos e que esta sexa realizable”, en palabras de Manuel Domínguez, representante da CIG no comité.

Neste senso, criticou que a dirección de PSA asegure que existe diálogo coa representación social cando “en realidade non hai ningún diálogo construtivo porque non están resolvendo nada. Nós apostamos pola negociación, pero esta ten que levar a melloras nas condicións laborais”.

Segundo denuncia, a dirección non avanzou nada neste sentido, malia que as organizacións sindicais levan demandando medidas correctoras para rebaixar a carga de traballo e que se contrate ao persoal necesario, dende que se levou a cabo a planificación dos postos na liña 2 de montaxe. “Os postos son irrealizables, a carga de traballo é inasumible e a xente xa non dá máis”, engadiu Domínguez, ao tempo que advertía de que este sobreesforzo está  comezando a derivar en problemas de saúde para os operarios e operarias.


Chamamento ao persoal
A representación sindical -que recibiu a visita de representantes de En Común Unidas Podemos como a deputada Yolanda Díaz e da Marea de Vigo como o seu número 3, Xaquín Pastoriza- comezou este mesmo venres a informar os traballadores e traballadoras da convocatoria nas distintas quendas e o luns falarase co conxunto do persoal para informar e concretar o desenvolvemento da folga.

Domínguez apuntaba que os problemas de sobrecarga afectan especialmente á liña 2 pero situacións similares poderíanse darse noutras liñas de montaxe. Por iso, CIG, CCOO e UGT chaman a todo o persoal da fábrica a secundar a folga do xoves 16.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

Tal día como hoy

1881

Ago


Visita del Rey Alfonso XII y doña María Cristina

"Se espera para mañana la llegada de los Reyes...

Leer más »


rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído