19032019Mar
Última edición: Lun, 18 Mar 2019 9pm

O comité de empresa de Bosch convoca un calendario de protestas contra o ERTE en Vigo

O persoal da compañía de servizos de atención ao cliente mobilizarase nos tres centros de traballo da cidade

14 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Xuntanza da Seccion Sindical da CIG en Bosch. / Foto: CIG Xuntanza da Seccion Sindical da CIG en Bosch. / Foto: CIG

O comité de empresa de Bosch, compañía de Vigo que ofrece servizos de atención ao cliente para empresas como Vodafone, vén de convocar un calendario de protestas para rexeitar o ERE temporal que finalmente afectará a 540 traballadores como consecuencia dos recortes que está a desenvolver internamente a firma británica. O cadro de persoal mobilizarase dende este venres diante dos tres centros de traballo que a firma ten na cidade.

A representación sindical dos empregados de Bosch apostou por organizar concentracións diante das tres sedes que a compañía ten en Vigo (na Avenida de Madrid e nas rúas María Berdiales e Barxa do Covelo) para amosar a súa oposición ao ERTE que a empresa comezou a aplicar o pasado 18 de febreiro e que se manterá oficialmente ata o vindeiro 31 de xullo.

De feito, xa tramitaron a presentación dun conflito colectivo contra unha medida que consideran innecesaria xa que a compañía ten 98 vacantes, “pero négase a recolocar o persoal indefinido se non pasa unha proba de perfís”, apunta a presidenta do comité de empresa, Laura Pérez Figueroa, da CIG. Ademais, Bosch levou a cabo 200 despedimentos entre o persoal de ETT dende o mes de decembro.

Lugares e horarios das protestas
A primeira das mobilizacións terá lugar este venres día 15 no centro de traballo da avenida de Madrid 183 entre as 13:30 e as 14:30 horas e no da rúa María Berdiales 20 de 15:00 a 16:00 horas. Para o xoves 21 está prevista unha nova protesta, nesta ocasión unicamente diante do centro de traballo de María Berdiales de 15:00 a 16:00 horas.

As mobilizacións continuarán o venres 22 na Avenida de Madrid de 13:30 a 14:30 horas, e no centro de traballo da rúa da Barxa do Covelo de 14:45 a 15:30 horas. A última delas será o venres 27 diante do centro de traballo de Bosch na Avenida de Madrid de 11:30 a 12:30 horas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

A tua compañía de auga en Vigo

Tal día como hoy

1809

Mar


Sangriento suceso en la villa

"Ocurre un sangriento suceso, que siembra alarm...

Leer más »


vigo

sanidad

gastronomía

galardones

  • Últimas noticias

  • Más leído