26042019Vie
Última edición: Jue, 25 Abr 2019 7pm

Un novo curso ensina como converterse en ‘trader’ ou negociador bolsista

Terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do 22 de febreiro ao 22 de marzo

11 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
 O profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, José Luis Sáez Ocejo na Bolsa de Madrid./ Foto: Universidade de Vigo O profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, José Luis Sáez Ocejo na Bolsa de Madrid./ Foto: Universidade de Vigo

Concibido como unha continuación do curso de Introdución á Bolsa, que rematou a súa XVI edición o pasado mes de novembro, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá este mes o arranque do II Curso de Advanced Trading (trading avanzado).

Unha actividade formativa na que o alumnado terá a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista mediante a aplicación das novas tecnoloxías ás transaccións nos mercados financeiros. 

A globalización e o desenvolvemento da tecnoloxía fan que calquera persoa, cuns coñecementos mínimos, poida experimentar co trading, unha profesión que consiste no estudo dos mercados para poder investir en diferentes activos financeiros co obxectivo de acadar un beneficio económico. No caso do curso ofertado pola Universidade pártese da idea de que os asistentes posúen xa uns coñecementos básicos, de tal xeito que dende o primeiro día poderán practicar os conceptos adquiridos na aula nunha plataforma en liña. Así, pouco a pouco, iranse explicando os aspectos teóricos e prácticos a través da experimentación, o que permitirá unha aprendizaxe autónoma adaptada ao nivel de cada estudante.  

O obradoiro está dirixido por Jorge Vila e José Luis Sáez Ocejo, profesores do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, e contará tamén coa docencia de Pablo Iglesias, axente financeiro e xestor de patrimonio. A través de charlas, sesións prácticas e apoiados no uso das novas tecnoloxías, este obradoiro ofrecerá  unha “visión do panorama actual no mercado financeiro e argumentará as posibles decisións de investimento nos mercados bolsistas”, destacan os directores. Os docentes marcarán as metas a alcanzar por parte do alumnado en cada sesión, avaliando os resultados acadados na seguinte clase, de tal xeito que se “transmitan coñecementos que axuden ao estudantado a descubrir que é o que máis se axusta á súa propia personalidade”, subliñan os organizadores do curso. 

Inscrición, pagamento e prazos

Este obradoiro está dirixido a titulados e tituladas universitarios de 1º e 2º ciclo, alumnado da universidade e profesionais directamente relacionados coa especialidad do trading, tendo preferencia de matrícula aqueles estudantes que veñan de titulacións directamente relacionadas cos contidos do programa do curso. 

O prazo de inscrición, que se realiza a través da plataforma virtual Bubela, xa está aberto e remata o mesmo día no que se inicia o obradoiro, o 22 de febreiro. Cun total de 32 horas, das cales sete serán titorizadas, o curso prolongarase tamén durante o mes de marzo, os venres polas tardes de 16.00 a 21.00 horas. O custo de matrícula é de 104 euros para persoas alleas á Universidade e de 95€ para a comunidade universitaria. 

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

Tal día como hoy

1846

Abr


Fin a la insurrección

"A las once de la mañana se hacen a la vela, c...

Leer más »


sucesos

fiesta

patrimonio

gastronomía

  • Últimas noticias

  • Más leído