24052019Vie
Última edición: Jue, 23 May 2019 11pm

O persoal de Vodafone rebélase contra o despido de 41 compañeiros

Ademais de iniciar paros, concentraranse este venres no Concello de Vigo para alertar de que a medida tamén afectará aos empregados de Bosch que están vinculados a proxectos da compañía telefónica

31 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Protesta polo ERE previsto. / Foto: CIG Protesta polo ERE previsto. / Foto: CIG

Os traballadores galegos de Vodafone iniciaron unha campaña de mobilizacións para rexeitar o ERE extintivo que suporá o despedimento de 41 dos 181 empregados que a compañía de telecomunicacións ten no noso país. O martes comezaron cos paros dunha hora convocados a escala estatal, que continuaron este xoves cun amplo seguimento.

Para este venres teñen convocada unha xornada de folga de 24 horas só en Galicia, que aproveitarán para mobilizarse diante do Concello de Vigo de 11:00 a 13:30 horas para alertar de que a medida non só terá afectados directos, “senón tamén indirectos como poder ser os empregados de Bosch que están vinculados a proxectos con Vodafone”.

O cadro de persoal de Vodafone decidiu plantarlle cara á decisión da empresa de aplicar un ERE extintivo que afectará a 1.200 dos 5.209 traballadores que ten no conxunto do Estado. No caso galego, a medida suporá o despedimento de 32 empregados nos dous centros de traballo que a compañía ten en Vigo e de nove nos dous que ten na Coruña.

Os paros dunha hora que se iniciaron o martes e que continuaron hoxe tiveron un elevado seguimento entre o cadro de persoal, tanto no noso país -onde foron secundados polo 75% dos traballadores- como no resto do Estado, onde pararon 1.900 empregados.

Ademais, segundo explican os delegados da CIG no comité de Vodafone, este mércores rexistrouse a convocatoria de paros de 24 horas tamén a nivel estatal entre os días 11 e 22 de febreiro, data na que rematarán as negociación do ERE.

No caso de Galicia estes paros foron solicitados todos os días laborábeis dende o 1 ao 22 de febreiro, sendo este venres 1 de febreiro a primeira das xornadas nas que se van facer efectivos, tanto en Vigo como na Coruña.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

Tal día como hoy

1924

May


Cesión del monte de O Castro a la ciudad

"Tras largos años de reiteradas gestiones, la ...

Leer más »


obras

sucesos

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído