25032019Lun
Última edición: Dom, 24 Mar 2019 10pm

Nova oferta de emprego: o Concello de Vigo contratará a 106 profesionais

Terán preferencia as mulleres, os menores de 30 e maiores de 45 anos e os parados de longa duración

22 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Edificio do Concello. Edificio do Concello.

O goberno de Vigo validou a convocatoria de selección de candidatos, informou este luns o alcalde, para cubrir os 3 postos de capataces de construción, 41 oficiais, 35 peóns de construción e 22 de xardinería e forestal, dous auxiliares administrativos, un delineante, un auxiliar topógrafo e outro técnico en prevención de riscos laborais. Esta contratación corresponde á segunda quenda deste ano do programa "Vigo Emprega", que presenta un orzamento total de 1,5 millóns.

Detallou Caballero que o Concello prima aos colectivos "máis vulnerables" na contratación dos peóns, reservando un mínimo dun 3% do total a persoas con discapacidade, o 30% para menores de 30 anos e a mesma porcentaxe para mulleres. O 19% dos postos serán ocupados por maiores de 45 anos e o 18%, por parados de longa duración.

Abel Caballero puxo en valor un plan de emprego que, ademais de xerar traballo, "terá un retorno na cidade en forma de obras". Entre estas, a construción de beirarrúas no rural, a rehabilitación de lavadoiros municipais, a limpeza de maleza e cunetas, melloras nos parques de Castrelos e do Castro, a supresión de barreiras arquitectónicas, instalacións de sistemas de rego automático e numerosas actuacións nos colexios da cidade.

Nesta segunda quenda do programa, o Concello contratará a máis dun centenar de profesionais cun orzamento de case 750.000 euros, dentro do proxecto "Vigo Vertical", estratexia EDUSI, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Vigo Emprega, engadida a primeira parte, presenta unha contía de millón e medio de euros para a contratación de máis de 200 persoas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

Tal día como hoy

1924

Mar


Última Junta General del Banco de Vigo

"Se celebra la última Junta General de accioni...

Leer más »


sos desaparecido

música

música

  • Últimas noticias

  • Más leído