17112018Sáb
Última edición: Sáb, 17 Nov 2018 8pm

"Paro total" e protagonismo feminino no primeiro día da folga no sector dos elaborados do mar

Desde primeiras horas da madrugada deste luns, paralizouse por completo a industria galega dos conxelados. A reivindicación continuará o mércores e o xoves

22 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
As folguistas, na madrugada deste luns nas portas de Fandicosta. / Foto: CIG As folguistas, na madrugada deste luns nas portas de Fandicosta. / Foto: CIG

CIG-Mar valora como un "éxito total" a primeira xornada dunha folga protagonizada polas mulleres, maioritarias no sector, que desde primeiras horas da madrugada logaron paralizar por completo a industria galega dos conxelados.

Segundo a federación, "a vontade unánime de loita demostrada este luns debe facer rectificar á patronal, que valorou mal a situación e provocou unha folga que, alén da reivindicación salarial, se centra na inclusión de dereitos básicos no convenio estatal".

"É unha folga histórica porque non se cinxe, tal e como algúns querían, á reclamación salarial, se non que é unha folga por dereitos, principalmente das mulleres". Así afirmou Xabier Aboi, da CIG-Mar, que salientou que o seguimento foi total en industrias da provincia de Pontevedra como Fandicosta, Numarsi, Mascato, Pereira ou Cabomar, cunha "resposta magnífica" por parte do persoal.

Lembran que o convenio estatal, expirado en 2015, é dos máis precarios de todo o ámbito da alimentación, cunha perda importante de poder adquisitivo nestes últimos anos. Neste sentido, reivindican, entre outras demandas, que a finais de 2020 o salario máis baixo poida acadar os 14.000 euros.

Esixen, tamén, limitar o masivo traballo temporal e evitar a implantación de novas fórmulas abusivas como empresas multiservizos ou falsas cooperativas. Alén diso, reivindican pluses de refrixeración, dadas as condicións de frío e humidade no que decorre o traballo.

Non obstante, e nun sector onde as mulleres representan entre o 75% e o 85% do total dos cadros de persoal, cobra maior relevancia a loita por dereitos tan básicos como conciliación, reducións de xornada, licenzas, permisos retribuídos para poder levar as crianzas ao centro de saúde, etc.

"Hoxe, as mulleres plantaron cara a unha patronal e uns gobernos que pretenden que continúen a ser carne de canón e man de obra barata polo grande sacrificio que fan", sostén a federación, á vez que recomenda ao empresariado unha "fonda rectificación" que supoña aceptar as reivindicacións dun sector "que espertou e petou na mesa". Responsabilizan, tamén, á Xunta de Galiciaa, á que acusan de complicidade coa patronal por non se ter implicado nunha problemática "que vén de lonxe".

A folga continuará os vindeiros mércores 24 e xoves 25 de outubro, con expectativa de repetir o éxito da primeira xornada, segundo a CIG-Mar.

A CIG continúa a reivindicar, pola súa banda, a necesidade estratéxica de contar cun convenio galego "que podería traer moitos beneficios" ao persoal dos elaborados do mar. Enfatiza, ademais, o "enorme prexuízo" de negociar en Madrid un convenio estatal que afecta unha actividade cun peso do 75% en Galicia e cuxa patronal maioritaria ten a sede en Vigo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

Tal día como hoy

1733

Nov


Precauciones contra la peste

"Traemos hoy a este rincón de la historia loca...

Leer más »


vigo

  • Adéntrate en el futuro Centro Vialia
    Adéntrate en el futuro Centro Vialia El proyecto del Centro Vialia, cuyas obras acaban de comenzar, está llamado a marcar un antes y un después para el transporte en la ciudad y la vida de los vigueses. La futura estación intermodal aglutinará el servicio de autobús…
    Leer más...

más vigo

economía

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído