14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

laboral

O sector das ambulancias irá á folga se a Xunta non interveñe no conflito

Un grupo de delegados da CIG mobilizouse en Vigo para reclamar a negociación do convenio

14 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Delegados sindicais e traballadores do sector mobilizáronse este mércores por terceira vez nesta semana tras as protestas desenvolvidas en Santiago e na Coruña. / Foto: CIG Delegados sindicais e traballadores do sector mobilizáronse este mércores por terceira vez nesta semana tras as protestas desenvolvidas en Santiago e na Coruña. / Foto: CIG

A CIG anunciou este mércores a súa intención de propoñer a convocatoria de folga no transporte sanitario, tanto do 061 como o non urxente, no caso de que a Xunta continúe sen intervir no conflito laboral aberto para reclamar a negociación do convenio colectivo e rexeitar as pretensións das patronais do sector de aplicar descolgues.

A CIG demanda á Consellaría de Sanidade que medie para desbloquear as conversas e que faga pública a información relativa ás renuncias das empresas ao concurso do 061.

Neste contexto, delegados sindicais e traballadores do sector mobilizáronse este mércores por terceira vez nesta semana tras as protestas desenvolvidas en Santiago e na Coruña. O lugar escollido nesta ocasión foi o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde un nutrido grupo de empregados levou a cabo unha concentración primeiro na entrada de Hospitalización e logo diante de Urxencias.

Segundo explica Xesús Pastoriza, responsable do sector de transportes da CIG, con estas protestas quérese amosar o rexeitamento ao bloqueo patronal á negociación do convenio colectivo, que leva dous anos caducado. Pastoriza puxo o acento na situación complexa do transporte sanitario, xa que no último concurso público moitas empresas presentaron ofertas á baixa (houbo casos de compañías que chegaron a rebaixar até un 12% o prezo) e “cando nos sentamos a negociar o convenio, escusáronse en que os concursos non lles daban para cubrir os gastos e paralizaron a negociación”.

En Galiza hai arredor de 1.800 traballadores afectados “que viven nunha situación de intranquilidade e incerteza absoluta”, engade Pastoriza, porque ademais de obstaculizar as negociacións, “as empresas solicitaron a inaplicación do convenio vixente. Nalgúns casos, como o de Ambuibérica, coa brutalidade de pedir un 25% de rebaixa salarial, e se non se acepta este recorte dos salarios, a patronal ameaza con despedimentos”.

"Falta de información sobre as renuncias"
Se ben o representante sindical aseverou que até agora os usuarios/as non se viron afectadas “grazas á profesionalidade dos traballadores/as”, tamén advertiu que, a medio prazo, si poderían rexistrarse problemas “porque isto non hai quen o aguante, estanse realizando excesos de xornada de maneira continuada, falta persoal e incluso moitos servizos non están dotados cos medios materiais que establece o contrato”.

Diante desta situación, a CIG (que ten a maioría da representación no sector) demanda a intervención da Xunta “que se nega a sentar con nós. Resulta incríbel que nin o 061, nin o Sergas nin a Consellaría respondan ás nosas solicitudes, cando é a Administración a que ten a chave para solucionar esta problemática. Pois non hai que esquecer que foi a Xunta quen permitiu que todos eses contratos se fixeran como se fixeron e que chegaramos a esta situación”.

Pastoriza reclamou a apertura inmediata da mesa de negociación e a intervención da Administración, “que non pode seguir ignorando a todo un sector e manténdoo desinformado”. A este respecto, subliñou que foi a patronal quen comunicou á representación social a renuncia de seis contratos, que presuntamente a Xunta volverá licitar. “Pero non sabemos se isto é certo. O que pedimos é que nos confirme se isto é verdade”.

Inicia sesión para enviar comentarios

Tal día como hoy

1881

Nov


Proyecto de construcción del Teatro Rosalía Castro

"La junta de teatro comunica a los accionistas ...

Leer más »


gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído