14122018Vie
Última edición: Jue, 13 Dic 2018 7pm

O Concello quere que unha das primeiras furgonetas K9 que fabrique PSA sexa súa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero visitou este martes o centro de Vigo, onde se achegou ao proceso de fabricación do vehículo

13 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un momento da visita de Caballero á factoría / Foto: PSA Vigo Un momento da visita de Caballero á factoría / Foto: PSA Vigo

O Concello de Vigo mostrou este martes o seu desexo de que unha das primeiras furgonetas K9 que fabrique a factoría viguesa de PSA Peugeot-Citroën sexa vendida ao consistorio. Así o avanzou o alcalde, que visitou pola mañá as instalacións da planta de Balaídos para coñecer de primeira man o proceso de fabricación. Unha vez que tivo a oportunidade de subirse ao volante deste novo modelo cualificouno de "sensacional" e declarou que "queremos que unha das primeiras á venda sexan para o Concello".

Acompañado polo director, Frédéric Puech, o rexedor foi informado dos detalles do proxecto e garantiu todo o apoio municipal. Caballero asegurou que a produción da K9 vai garantir o futuro industrial en Vigo desde "onde se compite co resto do mundo", blindando o emprego a lo menos por unha década, "unha grande noticia para Vigo, para Galicia e para España", insistiu.

Durante a visita pola factoría, Caballero, "comprobou e entendeu" o gran proceso de adaptación da factoría para implantar a fabricación deste modelo. "É un alarde de tecnoloxía, de organización humana, de ser capaces de adaptar a fabricación doutros vehículos coa produción masiva da K9", gabou.

"Visualizamos un proxecto de éxito, sensacional, que aglutina as novas e máximas tecnoloxías e combina á perfección vehículo comercial e familiar", concluíu.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

Tal día como hoy

1900

Dic


Unamuno en Vigo


"Se anuncia la visita de D. Miguel de Una...

Leer más »


sucesos

celta

el tiempo

comarcas

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído