26092018Mié
Última edición: Mié, 26 Sep 2018 9am

A CIG denuncia a unha empresa viguesa por ameazar a unha traballadora por participar na folga

Asegura que o propietario envioulle un correo no que recoñece que “posiblemente no te escribiría si no fuera porque te presentas como candidata a la plaza vacante de delegada de personal y, por lo tanto, es posible que en el futuro seas referencia laboral para tus compañeros”

09 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Manifestación feminista polas rúas de Vigo. / Foto: CIG Manifestación feminista polas rúas de Vigo. / Foto: CIG

A Confederación Intersindical Galega (CIG) emtiu este venres un comunicado no que acusa a unha empresa viguesa de ameazar a unha traballadora cunha sanción leve por non comunicar previamente que acudiría a folga do 8 de Marzo.

"A empresa Boycor, consultoría con sede no polígono vigués de Valadares, remitiulle un correo electrónico a unha traballadora na que a ameaza cunha falta leve por non ter comunicado previamente a súa intención de participar na folga do 8 de marzo. A CIG-Banca presentará unha denuncia na Inspección de Traballo este luns por vulneración dos dereitos fundamentais de folga e de liberdade sindical, xa que ademais é a candidata da central nas próximas eleccións sindicais", sinala a CIG.

Segundo explica o sindicato, na comunicación que lle foi remitida á empregada este venres, ao día seguinte do paro internacional de mulleres deste 8 de marzo, e que vai asinada polo propietario da compañía, bótaselle en cara que se acollese ao seu dereito de asistir á folga sen ter avisado con antelación, ao tempo que se recoñece que “posiblemente non te escribiría este correo si no fuera porque te presentas como candidata a la plaza vacante de delegada de personal y, por lo tanto, es posible que en el futuro seas referencia laboral para tus compañeros”.

"Non é a primeira vez que a firma intenta coaccionar o seu persoal"
"Pero o máis grave -continúa a CIG- vén a continuación, xa que no escrito recrimínaselle que “deberías saber que la ausencia al trabajo sin avisarlo constituye unha falta leve, como refleja nuestro convenio que, por cierto, ha sido renovado esta misma semana y cuya lectura te recomiendo”. O sindicato asegura que quen amosa o seu "profundo descoñecemento da normativa é o dono da empresa, xa que el si debera saber que a lei establece que os traballadores/as non están obrigados/as en ningún caso a comunicar con antelación a súa intención de exercer o dereito de folga e tampouco a contestar no caso de que se lles pregunte expresamente".

A federación de Banca da CIG de Vigo asegura que presentará este mesmo luns unha denuncia na Inspección de Traballo por vulneración dos dereitos fundamentais de folga e de liberdade sindical, xa que a traballadora preséntase como candidata da central ás eleccións sindicais cuxa mesa se constitúe o luns.

“Golpe de realidade”
Dende a CIG-Banca aseguran que "Boycor xa intentara coaccionar o cadro de persoal, integrado por 45 traballadores/as, con anterioridade cando se convocaran paros na propia empresa solicitándolles que comunicaran a súa intención ou non de secundalos". “Agora fixeron o mesmo, pero como esta empregada non lles fixo caso, mándanlle esta comunicación na que ameazan con sancionala”, indican dende a federación.

Para a secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, o sucedido con esta traballadora constitúe un “golpe de realidade” despois do “rotundo éxito” da folga de mulleres. “Vemos como pese á hipocrisía de moitas empresas que fixeron pública a súa intención de non obstaculizar a participación nos paros, a resposta coa que nos atopamos ao día seguinte é esta”, censura.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

Tal día como hoy

1886

Sep


Inaugurada la Escuela de Artes y Oficios

"Domingo, cuatro de la tarde. Día otoñal radi...

Leer más »


vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído