17112018Sáb
Última edición: Sáb, 17 Nov 2018 7pm

Consumo recadou 550.000 euros en 2017 por medio de 280 expedientes sancionadores

As empresas de telefonía e as compañías enerxéticas seguen a ser as que concentran o maior número queixas entre os vigueses, seguidas das electrónicas e os transportes

13 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O IGCC está situado no edificio da Xunta de Galicia. O IGCC está situado no edificio da Xunta de Galicia.

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) resolveu o pasado ano 280 expedientes sancionadores e ao redor de 500 arbitraxes na área territorial de Vigo. Ademais, desde a oficina da cidade olívica realizáronse 13.569 inspeccións e recibíronse máis de 4.000 reclamacións e 9.200 consultas telefónicas e presenciais.

Os sectores máis reclamados seguen a ser os relacionados coa telefonía e as compañías enerxéticas. Ambos concentran o maior número das queixas, con 1.146 e 471 reclamacións, respectivamente. Séguenlles as empresas electrónicas e as dedicadas aos transportes con 398 e 344 incidencias abertas.

De entre os 280 expedientes abertos no 2017, e que supuxeron unha recadación de preto de 550.000 euros en multas, dous foron por infraccións moi graves, 153 graves e 125 de carácter leve.

Neste senso, a Xunta de Galicia, que tutela o IGCC, salientou que o pasado mes de xuño multouse á empresa responsable do servizo municipal de auga en Vigo cunha sanción de 15.000 euros por non ter activado un teléfono gratuíto de atención ao usuario.

Arbitraxes
As reclamacións resoltas pola vía do arbitraxe propiciaron 447 laudos emitidos, dos que 289 foron estimados, 132 desestimados e 26 conciliados.

A este respecto, actualmente hay 12.331 as empresas e establecementos galegos adheridos ao Sistema de Arbitraxe de Consumo, que ofrece unha solución extraxudicial de resolución de conflitos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

Tal día como hoy

1733

Nov


Precauciones contra la peste

"Traemos hoy a este rincón de la historia loca...

Leer más »


vigo

  • Adéntrate en el futuro Centro Vialia
    Adéntrate en el futuro Centro Vialia El proyecto del Centro Vialia, cuyas obras acaban de comenzar, está llamado a marcar un antes y un después para el transporte en la ciudad y la vida de los vigueses. La futura estación intermodal aglutinará el servicio de autobús…
    Leer más...

más vigo

economía

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído