21082019Mié
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 10am

O K9 de Citroën fabricarase en Vigo

A dirección de PSA comunicou oficialmente ao presidente da Xunta a fabricación dos novos vehículos na factoría viguesa

15 Diciembre 2014 por
Valora este artículo
(4 votos)
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, na mañá de hoxe na capital francesa. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, na mañá de hoxe na capital francesa.

A dirección de PSA Peugeot-Citröen salientou a vantaxe loxística de estar nunha das principais cidades portuarias da fachada atlántica e a calidade e a produtividade do traballo que se realiza na fábrica de Vigo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns que a dirección de PSA Peugeot-Citröen ven de comunicarlle oficialmente a decisión de que os novos vehículos K9 se fabricarán en Vigo, a partir de 2017. Tras unha reunión mantida, esta mañá, en París cos directivos internacionais da compañía: Denis Martin, director da rexión Europa; Yann Vincent, director de industria do Grupo, e Juan Antonio Muñoz Codina, director de industria Europa, e na que tamén estivo o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, Feijóo expresou o seu convencemento de que esta é tan boa noticia para Galicia como o será tamén para a compañía, á que agradeceu a súa confianza na Comunidade, "que siga apostando por Vigo e pola Comunidade", incidiu.

"Estamos a falar da mellor noticia posible para os 7.000 traballadores de Citröen en Vigo, a mellor noticia posible para o conxunto das 19.000 familias que traballan no sector da automoción en Galicia, a mellor noticia posible para boa parte do PIB de Galicia e a mellor noticia posible para boa parte das exportacións da comunidade", abundou.

Tras a xuntanza, o titular do Goberno galego salientou que xunto coa vantaxe loxística de estar nunha das principais cidades portuarias da fachada atlántica, PSA valorou a calidade e a produtividade do traballo que se realiza na fábrica de Vigo. Ademáis de ter en conta o valor engadido do sector en Galicia, o seu carácter innovador: a cualificación dos seus traballadores e a cooperación a través do clúster da automoción.

A estabilidade da Comunidade, o apoio institucional constante que a Xunta dá a un sector que é prioritario nas súas políticas e a innovación que o Goberno galego está a desenvolver desde o CTAG –que é xa unha referencia internacional no eido da tecnoloxía-, a RIS3 ou os proxectos innovadores Industria4.0, son outros factores que, segundo precisou Feijóo, tamén valorou a compañía.

Unha "alianza" entre a fábrica de Vigo, a automoción galega e a Xunta

O responsable do Executivo autonómico aseverou que esta decisión é, sen dúbida, un recoñecemento aos esforzos de todos os que traballaron neste proxecto e, sobre todo, un recoñecemento aos traballadores da fábrica de Vigo e aos traballadores do sector da automoción en Galicia.

Feijóo fixo fincapé na importancia do traballo conxunto, unha "alianza" entre a fábrica de Vigo, a automoción galega e a Xunta que permitiu, hoxe, anunciar a mellor noticia posible para un sector decisivo da economía galega do que viven 19.000 familias e que supón un 14% do PIB da Comunidade.

Ante esta nova, o presidente da Xunta felicitou aos traballadores da fábrica de Vigo e a todo o sector en Galicia, xa que este novo encargo supón estabilidade, certeza e perspectivas de futuro para os traballadores do sector. E supón, ademais, un importante estímulo para Galicia: "Supón un estímulo de que novamente unha grande compañía volve a confiar na Comunidade; e supón tamén unha mostra explícita de que o esforzo, a constancia e a estabilidade ten resultados", dixo.

"Celebramos este triunfo da capacidade industrial de Galicia, da capacidade do sector da automoción de Vigo e queremos comprometer máis esforzo, máis responsabilidade, máis competitividade e máis traballo. PSA Peugeot-Citröen acaba de outorgarnos unha confianza á que responderemos con capacidade, innovación e competitividade", concluíu.

Inicia sesión para enviar comentarios

Tal día como hoy

1869

Ago


Fallece Casto Méndez Núñez

"Fallece en su casa de Pontevedra el Contralmir...

Leer más »


navidad 2019

obras

fiesta

terremoto

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído