14122018Vie
Última edición: Vie, 14 Dic 2018 7pm

A Seguridade Social recoñece erros no cálculo das pensións en Vigo e provincia

A CIG, que denunciara os fallos hai máis dun mes, queixase de que a administración non informe de como se devolverán os cartos aos xubilados

08 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un grupo de pensionistas en Vigo. / Foto: Arquivo Un grupo de pensionistas en Vigo. / Foto: Arquivo

A Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social recoñeceron a existencia de erros no cálculo das pensións en Vigo e a provincia de Pontevedra. O caso vén derivado dunha queixa da Confederación Intersindical Galega (CIG), que hai máis dun mes detectara a existencia de fallos que provocaron unha redución dos ingresos que por este concepto perciben as persoas xubiladas.

Eses desfases viñan dados porque as bases de cotización da TXSS non coinciden coas bases reguladoras do cálculo que fai o INSS. A central comunicou esta problemática tanto na comisión executiva provincial como a nivel estatal no consello xeral do INSS.

Segundo informa este luns a CIG, os dous organismos “recoñeceron a existencia dos erros” pero “non explicaron o que teñen pensado facer para que non se volvan repetir”. Os representantes laborais indican que o director provincial da TXSS asegurou que revisaron os casos aportados e detectaron que “a incidencia deriva das regras de xestión, filtros ou controis que ten implantados o programa ALFA para o cálculo das pensións”.

Neste senso, comunicou que estes problemas poden ser revisados e depurados pola persoa xestora no trámite de recoñecemento da pensión ou na fase de reclamación previa. “Pero nada dixo de que xeito pensan evitar que se volvan producir”, lamentan dende a CIG.

En termos similares expresouse o secretario de Estado da Seguridade Social a través da directora xeral do INSS no consello xeral celebrado o pasado 21 de decembro, no que a CIG trasladou esta problemática a nivel estatal. “Tamén recoñeceron a problemática, aínda que intentaron restarlle importancia aludindo ao feito de que se detectaron poucos casos e de que as cantidades individuais son de escasa contía. Mais tampouco revelou de que forma garantirán que os erros non se repitan, polo que as reclamacións da central quedaron sen resolver”, engade o sindicato.

Na CIG consideran especialmente grave a actitude “irresponsable” das persoas e dos organismos encargados de tramitar unhas pensións públicas de importes “na maioría dos casos míseros” e que debido a estes desfases se reducen aínda máis.

A central xa indicara nos escritos remitidos ao INSS que detectara os erros na provincia de Pontevedra porque foi onde que se revisaron os expedientes, polo que demanda á administración pública que comprobe se se están a producir tamén noutras provincias. Tamén sinalara que as cantidades que cada unha das persoas cotizantes afectadas deixaba de ingresar podían resultar baixas, mais sumadas en conxunto significarían unha cifra importante.

Redución fraudulenta
Polo tanto, dende a CIG esixen a revisión dun sistema de cálculo das pensións “que entendemos resulta prexudicial para as persoas xubiladas, xa que nos atopamos con que ás xa de por si cativas prestacións súmase agora o feito de que tende a redondealas á baixa”, en palabras do secretario confederal de Negociación Colectiva, Paco Sío.

De feito, a central amosara a súa preocupación ante as sospeitas do que podía ser un novo mecanismo do Goberno español para reducir de xeito fraudulento as pensións públicas galegas, que ano tras ano se sitúan entre as máis baixas do Estado.

Estes erros no cálculo das pensións descubríronse por primeira vez hai xa tres anos, cando os servizos xurídicos da Unión Local da CIG do Porriño atoparon durante a revisión dun expediente diferenzas importantes entre as cantidades que figuraban no informe da Tesourería e as recollidas na resolución final do INSS.

A partir de entón todos os casos que se analizan presentan deficiencias similares, o que supón un prexuízo para as persoas afectadas “xa que, curiosamente, sempre se equivocan á baixa”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

Tal día como hoy

1900

Dic


Unamuno en Vigo


"Se anuncia la visita de D. Miguel de Una...

Leer más »


tráfico

música

ruta

conflicto

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído