19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

O persoal de mantemento do Cunqueiro clama contra as diferenzas salariais e laborais

Os traballadores de Veolia, a empresa concesionaria no hospital vigués, desenvolveron a primeira das mobilizacións

29 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)

O cadro de persoal de Veolia, empresa concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, desenvolveu este mércores a primeira das mobilizacións convocadas polo comité para reclamar un convenio colectivo de centro de traballo que remate coas diferenzas salariais e laborais entre os traballadores.

Durante a protesta, que tivo lugar entre as 14:30 e as 15:30 horas e na participou o secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, os empregados da compañía encargada do mantemento do centro sanitario rodearon o complexo portando faixas e berrando consignas como “Veolia, escoita, mantemento está en loita”, “Non á discriminación” ou “Convenio solución”.

Dende o comité, explican que entre os 60 traballadores do servizo de mantemento que foi centralizado no hospital vigués hai persoal con diferentes convenios: subrogado do Meixoeiro, de electromedicina, novas contratacións e persoal procedente do Sergas a través da empresa concesionaria do hospital “ao que se lle ten que aplicar un acordo de integración pero ao que non se lle respectan as condicións publicadas no Diario Oficial de Galicia”.

Deste xeito, segundo denuncia a CIG, hai empregados que que fan máis horas que o resto e perciben menos salario, outros aos que se lles deben cartos, “por non falar de que o persoal cualificado que se encarga do mantemento dos aparatos de electromedicina conta cun soldo de 1000 euros mensuais”.

Por iso, reclaman un convenio colectivo específico para este centro de traballo que iguale as condicións salariais e laborais, polo que as protestas continuarán este xoves e os días 1, 4 e 5 de decembro, tamén de 14:30 a 15:30 horas.

Tal día como hoy

1853

Ene


Preguntas sueltas a un candidato

"Circula por Vigo una hora en 4.º firmada por ...

Leer más »


vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído