26092018Mié
Última edición: Mar, 25 Sep 2018 8pm

Nace unha nova plataforma en contra de Porto Cabral con máis de 1.200 membros

A súa creación busca concienciar á poboación e aos dirixentes políticos do "golpe mortal" que cren que suporía a construción do gran complexo de ocio, que podería destruír 6.000 empregos

09 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Infografía de Porto Cabral. Infografía de Porto Cabral.

O comercio local de Vigo e dos concellos limítrofes únense por unha causa común: a defensa do modelo de comercio de proximidade e a oposición ao proxecto de Porto Cabral. Por iso acaban de formar a 'Plataforma Polo Comercio Local, Non a Porto Cabral', composta polas organizacións comerciais máis representativas de Vigo (FECOVI, AETRAVI, Comerciantes de Navia, do Hospital Xeral, Pi y Margall, O Calvario, Zona Príncipe) e da súa área (FECIMO ou a de comerciantes de O Porriño).

A plataforma, que en total suma máis de 1.200 membros, persegue dar a coñecer a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar o que cualifican como “golpe mortal” ao comercio de proximidade, a todo o sector e a outros vinculados.

Ademais, quere denunciar a “información interesada e manipulada” que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que cren que sería a destrución de miles de empregos se este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso pide as autoridades que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto e que se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema.

Xunto a adhesión dos comerciantes, esta plataforma acaba de activar unha petición en Change.org, dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para que non afundan ao comercio local apoiando a creación deste marcoproxecto. Unha petición que en apenas 36 horas conseguiu 1.200 firmas.

O comercio local reúne a uns 20.000 negocios en Vigo e a súa área que dan traballo a 30.000 persoas. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%. Por iso, os opositores a Porto Cabral alertan dunha posible perda de 6.000 empregos no pequeno comercio en Vigo e área, que afectaría a uns 20.000 negocios incluíndo os concellos do entorno, directamente afectados.

Esta plataforma, que reúne o 80% do sector, quere impedir a chegada destes ‘megacentros’ nas aforas da cidade, xa que “desertizarán os nosos barrios e rúas” e “aumentará o uso do vehículo privado, en consecuencia as emisións de CO2, creará máis residuos e un consumo altísimo de enerxía, ademais de destruír 600.000 metros cadrados de monte verde”.

Ademais das xa citadas, esta nova entidade espera contar en próximas datas coa adhesión asociacións comerciais de Redondela, Baiona ou Ponteareas, entre outras, que tamén se manifestan en contra deste ‘macrocentro’.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

Tal día como hoy

1886

Sep


Inaugurada la Escuela de Artes y Oficios

"Domingo, cuatro de la tarde. Día otoñal radi...

Leer más »


vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído