13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

laboral

A CIG, CGT e UGT marcharán en Vigo contra a vaga de despidos no grupo Eroski

A manifestación terá lugar este venres 28 na Travesía ás 11.00

27 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
 A marcha deste venres arrincará do Eroski siatuado no número 154 da Travesía de Vigo. A marcha deste venres arrincará do Eroski siatuado no número 154 da Travesía de Vigo.

As centrais CIG, CGT e UGT continuarán este venres 28 coas mobilizacións para rexeitar a vaga de despedimentos que o grupo Eroski está a levar a cabo en distintos establecementos de Vigo. Nesta ocasión, tras as concentracións celebradas con anterioridade, a protesta consistirá nunha manifestación polas rúas da cidade que arrincará da Travesía de Vigo, 154, ás 11.00 horas.

Dende os sindicatos convocantes explican que con esta mobilización pretenden rexeitar a vaga de despedimentos que a dirección do grupo de alimentación está a executar en supermercados de Vigo dende hai meses e para denunciar a represión laboral que se vive na empresa.

Con esta protesta danlle continuidade ao calendario de mobilizacións iniciado tempo atrás para reclamar a readmisión dos traballadores despedidos. A marcha deste venres arrincará do Eroski siatuado no número 154 da Travesía de Vigo e rematará na oficina central da compañía vasca de distribución, que se atopa na zona do Troncal, a carón do centro comercial Carrefour da Travesía.

Inicia sesión para enviar comentarios

Tal día como hoy

1875

Nov


Las artes gráficas

"La piqueta rotuladora no descansa, en su tarea...

Leer más »


mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído