21092017Jue
Última edición: Jue, 21 Sep 2017 4pm

laboral

Preto de 30 colectivos súmanse á manifestación en apoio do persoal de Pescanova

A marcha arrincará de Catro Pontes ás 20.00 horas e ramatará diante das instalacións da empresa

20 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A marcha foi presentada en rolda de prensa polos colectivos promotores. / Foto: CIG A marcha foi presentada en rolda de prensa polos colectivos promotores. / Foto: CIG

Un total de 29 organizacións sociais, veciñais, deportivas, culturais, políticas e sindicais de Redondela amosaron o seu apoio público á manifestación que este venres día 21 percorrerá as rúas da parroquia de Chapela en solidariedade coa loita do cadro de persoal de Pescanova. A marcha, que este xoves foi presentada en rolda de prensa polos colectivos promotores, arrincará de Catro Pontes ás 20.00 horas e rematará diante das instalacións da empresa.

Representantes das organizacións que decidiron sumarse á mobilización compareceron no Concello de Redondela diante dos medios de comunicación acompañados do alcalde para lembrar que o conflito laboral que se vive en Pescanova por mor da renovación dos convenios colectivos dos distintos centros de traballo “ten un alcance social e humano moi importante xa que os traballadores ven ameazado o seu futuro dunha forma inxusta”.

Neste senso, lembraron que a dirección aprovéitase da situación económica xeral para aplicar recortes nos dereitos dos empregados, “o que constitúe un novo ataque contra o conxunto da clase traballadora”. É por iso que trasladan publicamente o seu apoio “moral e efectivo” a todas as reivindicacións do cadro de persoal da compañía de alimentación e fan un chamamento á veciñanza de Redondela a participar na manifestación.

“A crise que padece a empresa foi creada pola nefasta xestión dos seus directivos, mais agora pretenden que os que paguen sexan os traballadores; reparten as perdas entre todos, pero cando houbo beneficios non o fixeron”, critican.

Agardando unha resposta da mediación
Ao remate da rolda de prensa os representantes dos catro sindicatos maioritarios en Pescanova (CIG, CUT, UGT e USO) aproveitaron para lembrar que continúan ás espera de que a mediación laboral se pronuncie sobre a última proposta achegada polas partes o pasado martes. “Supoñemos que nos vindeiros días teremos unha resposta, xa que entendemos que o proceso non pode eternizarse”.

No caso de que unha vez analizadas as últimas propostas continúe sen pecharse un acordo para renovar os convenios as centrais convocarán novas mobilizacións, tal e como decidiron os traballadores na asemblea celebrada o pasado sábado 8 de abril en Redondela.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Tal día como hoy

1854

Sep


Primer médico homeópata en Vigo

"Repasando la prensa de hace un siglo recogemos...

Leer más »


movilidad

incendio

sanidade

  • Retoños
    Retoños Es una estampa habitual en la ría de Vigo. Las singulares condiciones meteorológicas, con una bonanza que se repite en gran parte del calendario, propician todo tipo de deportes náuticos, sobre todo la práctica de la vela.
    Leer más...

viajes

  • Últimas noticias

  • Más leído