17012017Mar
Última edición: Mar, 17 Ene 2017 12am

oposicións

O Concello de Vigo oferta este ano 136 prazas de emprego público

O prazo para presentar as solicitudes está pendente da publicación do anuncio específico no BOP

10 Enero 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Oposicións en Vigo. / Foto: Atlántico Diario Oposicións en Vigo. / Foto: Atlántico Diario

A convocatoria correspondente ao de 2013 vén de publicarse no BOP con 17 prazas e a previsión de que os exames poidan realizarse a finais do mes abril. As convocatorias de 2014, 2015 e 2016 suman 119 prazas.

O alcalde deu conta este martes da publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases da convocatoria da oferta de emprego público do Concello correspondente ao ano 2013 que inclúe 17 prazas, 7 de persoal funcionario e 10 de persoal laboral de promoción interna.

O prazo para presentar as solicitudes está pendente da publicación do anuncio específico no BOP e no Boletín Oficial do Estado e previsiblemente as probas poderán realizarse a partir de finais do mes de abril.

Ademais o Concello ten en marcha as ofertas de emprego público dos anos 2014, 2015 e 2016 que suman un total de 119 prazas, entre a quenda libre e a promoción interna. Así, a convocatoria de 2014 inclúe 34 prazas, 27 a de 2015 e 58 a convocatoria de 2016.

Pleno de Zona Franca
Abel Caballero anunciou este martes que convocará un Pleno de Zona Franca este xoves día 12 de xaneiro ás 16:00 horas da tarde para tratar sobre o presuposto de 2017.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Tal día como hoy

1816

Ene


Un altar para el Cristo de la Victoria

"El alcalde de la ciudad, don Buenaventura Marc...

Leer más »


tráfico

incendio

accidente laboral

  • Últimas noticias

  • Más leído