30052017Mar
Última edición: Lun, 29 May 2017 8pm

turismo

O Concello promoverá cos hostaleiros a zona de especial afluencia turística

Tamén estudarán de forma coordinada a xestión da "inmensa afluencia" de visitantes ás Illas Cíes

09 Enero 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Crucero amarrado en el Puerto de Vigo. / Foto: Archivo Crucero amarrado en el Puerto de Vigo. / Foto: Archivo

O rexedor mantivo un encontro con representantes da hostalería e o comercio da cidade no que abordaron o tratamento do Casco Vello, o ensanche e Bouzas como reclamo turístico. Tamén estudarán de forma coordinada a xestión da "inmensa afluencia" de visitantes ás Illas Cíes.

Abel Caballero reuniuse este luns con representantes de Feprohos, Vigovello e Zona Náutico con quen dixo que o Concello mantén unha "relación fluída" para tratar a posibilidade de que a zona de especial afluencia turística, circunscrita ao Casco Vello, o ensanche e Bouzas, sexa posta en valor entre os turistas que visitan a cidade con sinalización e información completa para "conducir, reconducir e chamar a atención" dos visitantes sobre o atractivo turístico desta zona "e todo o que pode facerse alí".

Ademais, o Concello e a hostalería estudarán de forma conxunta a maneira de canalizar "a inmensa afluencia que están tendo as Illas Cíes como enclave medioambiental e fundamentalmente como bandeira turística". Así, explicou o alcalde, o obxectivo é conseguir que os visitantes atopen outros atractivos na contorna da ría para pasar na cidade máis días logo da viaxe ao arquipélago, divulgando nestas accións as facilidades e recursos que ofrece a zona.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner reciclaje b FCC 2017

Tal día como hoy

1831

May


El primer teatro de Vigo

"Don Norberto Velázquez Moreno solicita permis...

Leer más »


una imagen de vigo

  • En el atardecer
    En el atardecer En los alrededores de la ciudad de Vigo existen numerosos rincones que compiten con los destinos turísticos más solicitados.
    Leer más...

sucesos

alta velocidad

  • Sabarís revive o seu primeiro mercado medieval
    Sabarís revive o seu primeiro mercado medieval Miles de persoas abarrotaron este domingo a parroquia baionesa de Sabarís para conmemorar o 520 aniversario da fundación do seu mercado. O I Mercado Medieval Sabaryz rexistrou unha gran animación durante toda a xornada con actuacións e unha feira de…
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído