30052017Mar
Última edición: Lun, 29 May 2017 8pm

protestas

Traballadores de Álvarez reclaman o pago dos terreos de Cabral e Coruxo

Desenvolveron protestas nos Xulgados e nunha das inmobiliarias que lles adebedan cartos

27 Diciembre 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Protestas nos Xulgados. / Foto: CIG Protestas nos Xulgados. / Foto: CIG

Extraballadores de Grupo de Empresas Álvarez (GEA) asesorados pola CIG desenvolveron este martes unha intensa xornada de mobilizacións en Vigo para reclamar o pago dos terreos que ocupaba a fábrica de louza en Cabral e Coruxo. Os afectados protestaron diante dos Xulgados e ás portas dunha das inmobiliarias implicadas no proceso de compra do solo onde se ubicaba a empresa.

O grupo de exempregados de GEA desprazáronse ata Vigo acompañadas do secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Marcos Conde, para continuar co seu calendario de mobilizacións co obxectivo de que lles abonen os máis de dous millóns de euros que lles adebedan pola compra dos terreos que ocupaba a antiga fábrica de louza en Cabral e Coruxo.

Os extraballadores comezaron unha ruidosa protesta diante dos Xulgados da rúa Lalín pouco despois das dez da mañá, onde permaneceron arredor dunha hora facendo soar bucinas e cacharros e despregaron unha faixa na que se podía ler “Inversiones Subel non paga. GEA solución”.

A continuación trasladáronse até o número 12 da rúa Colón para continuar coas mobilización, esta vez ás portas da sede da inmobiliaria Residencial El Rocío, unha das implicadas no proceso de compra do solo sobre o que se levantaba a empresa. Alí despregaron dúas faixas cos lemas “Queremos cobrar” e GEA solución xa” e seguiron a facer ruído golpeando todo tipo de utensilios.

Máis dunha década agardando
Segundo explica o secretario comarcal da CIG-Pontevedra, Inversiones Subel adquiriu, hai xa máis de unha década, a parte dos terreos que ocupaban as instalacións de GEA en Cabral e Coruxo. Estas parcelas correspóndense co 25% dos terreos que lle tocou xestionar á CIG logo de que GEA péchase no ano 2001 sen pagar os salarios e as indemnizacións ao seu persoal.

Para facer fronte ás débedas o patrimonio do grupo de empresas foi embargado e adquirido en poxa xudicial polo colectivo de traballadores (arredor dunhas 1000 persoas). Neste proceso, á CIG tocoulle xestionar os terreos que ocupaba GEA en Cabral e Coruxo, que foron vendidos en exclusiva a Inversiones Subel.

Naquel momento a inmobiliaria pagou unha parte do valor industrial, pero ás afectados aínda lles resta por percibir a diferenza até o valor total que adquiriron os terreos unha vez recualificados como urbanos, tal e como se pactara entre ambas partes.

Porén, á lentitude do proceso sumouse o conflito aberto entre Subel e o Concello de Vigo pola recualificación dos terreos, xa que a empresa consideraba que o estabelecido no PXOM (agora derrogado) minguaba a súa marxe de beneficios, iniciando un periplo xudicial que chegou mesmo ao Tribunal Supremo.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner reciclaje b FCC 2017

Tal día como hoy

1831

May


El primer teatro de Vigo

"Don Norberto Velázquez Moreno solicita permis...

Leer más »


una imagen de vigo

  • En el atardecer
    En el atardecer En los alrededores de la ciudad de Vigo existen numerosos rincones que compiten con los destinos turísticos más solicitados.
    Leer más...

sucesos

alta velocidad

  • Sabarís revive o seu primeiro mercado medieval
    Sabarís revive o seu primeiro mercado medieval Miles de persoas abarrotaron este domingo a parroquia baionesa de Sabarís para conmemorar o 520 aniversario da fundación do seu mercado. O I Mercado Medieval Sabaryz rexistrou unha gran animación durante toda a xornada con actuacións e unha feira de…
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído