18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

acelerador

Vía Galicia porá o foco sobre a Industria 4.0 e o sector aeronáutico

Tras acelerar 25 proxectos empresariais nos últimos dous anos, este ano se respaldarán 19 iniciativas

23 Mayo 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Teresa Pedrosa e Francisco Conde. / Foto: ZFV Teresa Pedrosa e Francisco Conde. / Foto: ZFV

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou este luns que a aceleradora Vía Galicia porá o foco en 2016 sobre a Industria 4.0 e sectores estratéxicos como o aeronáutico. Conde informou xunto á delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, da nova convocatoria deste programa de apoio ao emprendemento, no que ambas administracións colaboran desde fai dous anos “sumando esforzos e aportando sinerxías”. Conde apuntou que a nova convocatoria medra en proxectos respecto á de 2015, xa que serán 19 as iniciativas impulsadas en vez de 15.

“Buscamos que o noso ecosistema emprendedor dé resposta aos retos industriais de Galicia”, dixo Conde. Neste senso, o aliñamento desta convocatoria coa política industrial da Xunta se concretará nun especial protagonismo do sector aeronáutico e aeroespacial entre os proxectos que se apoien, en liña co polo tecnolóxico e industrial de Rozas e o Centro Tecnolóxico Aeroespacial de Porto do Molle. Ademais, sinalou que a aceleradora apoiará iniciativas vinculadas á Industria 4.0, priorizando os proxectos de impacto industrial no noso esforzo de Galicia por consolidar sectores estratéxicos como o naval, onde o esforzo conxunto de estaleiros e administración ten permitido á comunidade sumar máis de 2.200 millóns de euros en contratos, aos que se sumarán os 500 millóns dos BAC encargados a Navantia por Australia; ou a automoción, onde tras o éxito de Balaídos captando o novo modelo de PSA, se mobilizarán 3.600 millóns nos vindeiros anos.

Conde adiantou que na nova edición de Vía Galicia a Xunta redobrará o seu compromiso financeiro aportando 1,7 millóns, que inclúen préstamos participativos de XesGalicia de 50.000 euros por cada proxecto; apoios da Axencia Galega de Innovación-GAIN de 25.000 euros por proxecto, ou o respaldo, tamén de GAIN, poñendo a disposición da iniciativa ao CIS Galicia e as infraestruturas Industria 4.0.

“Vía Galicia é un programa que responde con resultados claros, se ten xa convertido nunha referencia internacional que xa está a facer Marca Galicia en Europa, e será unha plataforma para impulsar o noso futuro industrial a través do aeronáutico e a fábrica intelixente”, defendeu Conde. Desde 2014, Zona Franca e a Xunta apoiaron a formación de centos de emprendedores que formaban parte de 60 proxectos, e acelerado 25 iniciativas, ofrecéndolles apoio económico, titorización, asesoramento e mentoring, sumando 3 millóns mobilizados entre o Goberno galego e Zona Franca, o que supuxo a xeración de máis de 90 postos de traballo.

Conde destacou as melloras que teñen levado a cabo as empresas de Vía Galicia no eido das TIC, a alimentación, a aeronáutica, a biotecnoloxía, o téxtil, ou o agro. Neste senso, resaltou o éxito que moitas destas compañías, tanto as que finalmente foron aceleradas, como as que participaron na fase anterior de academia, están a ter en España e no estranxeiro. Conde citou o exemplo de Converfit, unha aplicación de mensaxería instantánea de atención ao cliente que naceu na segunda edición, foi seleccionada para participar no Google Campus en Madrid e convidada para expoñer a súa aplicación en Silicon Valley; e que recentemente foi escollida para o Microsoft Ventures Accelerator de Londres.

Ecosistema emprendedor
“Exemplos como eses forman parte do novo ecosistema emprendedor da comunidade, creado co esforzo das propias empresas e de administracións como a Zona Franca ou a Xunta”, dixo Conde. Un ecosistema que o Goberno galego contribuíu a formar apostando polos emprendedores sen reservas, defendeu Conde, para o que, lembrou, eliminou as licenzas municipais de obra e actividade, substituíndoas por unha comunicación previa.

Ademais, a Xunta está a asesorar paso a paso aos emprendedores desde a idea ata a formalización das escrituras, a través da Unidade Galicia Emprende, que desde a súa creación axudou a crear 186 empresas. Tamén apoia á creación de compañías con financiamento, mediante axudas, avais, préstamos, capital risco e a Rede de Business Angels. E puxo en marcha unha rede de mentores que xa suma 150 mentores que teñen mentorizado a 170 persoas, ademais de catalogar e colaborar na creación de novos viveiros industriais.

“Ferramentas como esas teñen contribuído a apuntalar o crecemento que agora estamos a experimentar”, defendeu Conde. Mostra disto é que o mes de abril creáronse en Galicia 457 empresas un 26,6% máis que no mesmo mes do ano pasado, coas dúas provincias que son sede de Vía Galicia medrando por riba da media: Pontevedra, con case un 32% máis; e Lugo, cun 61% máis.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

Tal día como hoy

1824

Sep


Cachamuíña, el héroe vigués, arruinado

"Don Bernardo González del Valle, retirado a s...

Leer más »


marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído