16092019Lun
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 8pm

primeiro de maio

Os sindicatos, de novo por separado, en defensa do traballador

As rúas de Vigo acolleron as marchas máis numerosas de Galicia no Día do Traballador

01 Mayo 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Marcha da CIG polas rúas da cidade. / Foto: CIG Marcha da CIG polas rúas da cidade. / Foto: CIG

No Primeiro de Maio, os sindicatos saíron de nova ás rúas de Vigo en defensa do traballador. Non o fixeron xuntos, como xa é habitual. CCOO e UGT, por unha banda, e CIG e CUT-CGT, por outra, clamaron contra os recortes e contra a precariedade laboral. Tamén houbo protestas pola Lei Mordaza.

Vigo berrou este domingo contra a precariedade laboral. Foi un Primeiro de Maio con miles de persoas nas rúas da cidade. Os sindicatos convocaron as súas marchas por separado. A CIG e a CUT-CGT marcharon ata a Porta do Sol; CCOO e UGT, ata a delegación da Xunta.

Durante o percorrido da CIG, no que participaron distintas organizacións políticas e sociais e que congregou arredor de 10.000 persoas, as consignas máis coreadas foron “A crise social que a paque o capital”, “Nas empresas e na rúa a loita continúa”, “Feijóo cacique Galiza vai a pique”, “Banca e patronal, ladróns por igual” e “Queremos traballar e non emigrar”.

Ao remate da mobilización, xa na Porta do Sol, tomou a palabra o secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, para denunciar que as reformas laborais aprobadas polo PP en 2012 e polo PSOE en 2010 “comparten unha mesma lóxica de precarización, de recorte de dereitos e de empobrecemento da clase traballadora e responden ao mesmo programa de saqueo que ditan a Unión Europea e a Troika para aumentar a nosa explotación”.

Pola súa banda, Comisións e UGT tamén camiñaron nunha marcha multitudinaria baixo o lema "O estado do benestar e noso" e berraron contra a pobreza salarial. "Nin máis paro, nin máis resignación", clamaron.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

Tal día como hoy

1840

Sep


Pugna entre Vigo y Pontevedra por la provincia

"El Capitán General de Galicia, Brigadier D. M...

Leer más »


sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído