No caso de Vigo, os traballadores suspenderon a folga ata que non se celebre a mediación prevista na Inspección de Traballo para o xoves ás 10:30 horas. Ao día seguinte ás 7:00 horas organizarán unha asemblea na sede da empresa para analizar o resultado do encontro e decidir se continúan adiante coa folga.
Con respecto ao servizo de Nigrán foi o propio alcalde da localidade o que solicitou o adiamento do paro na xuntanza celebrada pola mañá coa representación sindical despois de que empresa e traballadores achegasen posturas unha vez que a dirección amosouse disposta a aumentar a suba salarial ata o 4 por cento total nos tres anos de duración do novo convenio, aínda que existen diferencias en canto ao pago da antigüidade.
Deste xeito, o cadro de persoal optou por adiar o comezo da folga ás 23:00 horas do venres no caso de que non se chegue a un acordo coa mediación da Consellaría de Traballo.