Despois dun mes de negociación e coa empresa inmersa en concurso voluntario de acredores chegouse o seguinte acordo:
-Prodúcese a extinción de 39 postos de traballo de los que 26 son incorporacións voluntarias e 13 incorporacións forzosas. Medida que minimiza o impacto inicial previsto pola empresa de 45 despidos.
-As extincións produciranse unha vez una vez exista resolución xudicial e nun prazo máximo de 3 meses.
-As indemnizacións serán de 20 días por ano traballado con tope 12 mensualidades.
-Créase una bolsa de emprego de adscrición voluntaria con dereito de ingreso preferente cando se produzan vacante.
CCOO mostra o «profundo pesar de que unha empresa con esta traxectoria e de vital importancia para o tecido produtivo da comarca e do téxtil en concreto, chegar a esta situación levando aparellado unha medida tan traumática que deixou moi pouco marxe de manobra os traballadores».
Agardan que as medidas adoptadas sirvan para dar continuidade a compañía e dende CCOO manifestan que seguirán vixiantes e traballando xunto co Comité de Empresa para que se cumpra o acordado.