Tralas obras de acondicionamento do espazo, logo da retirada dos postos do mercado provisional, este mércores «abre á cidadanía» a nova praza superior do Mercado do Progreso que será a terraza do mesmo, segundo sinalou durante a visita Abel Caballero quen valorou que «está preciosa». O Concello investiu 90.000 euros nas obras de remodelación e máis de 4 millóns de euros na renovación do conxunto do mercado que, segundo dixo o rexedor, está funcionando «moi ben».