Dende os sindicatos convocantes explican que con esta mobilización pretenden rexeitar a vaga de despedimentos que a dirección do grupo de alimentación está a executar en supermercados de Vigo dende hai meses e para denunciar a represión laboral que se vive na empresa.
Con esta protesta danlle continuidade ao calendario de mobilizacións iniciado tempo atrás para reclamar a readmisión dos traballadores despedidos. A marcha deste venres arrincará do Eroski siatuado no número 154 da Travesía de Vigo e rematará na oficina central da compañía vasca de distribución, que se atopa na zona do Troncal, a carón do centro comercial Carrefour da Travesía.