• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 31 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    1º de Maio

    A CIG apunta o 19 de xuño para a folga xeral

    O secretario xeral, Paulo Carril, fixo o anuncio ao remate da manifestación central do 1º de Maio, que tivo lugar en Vigo
    Redacción por Redacción
    01 de May, 2018
    en Economía
    0

    Milleiros de persoas saíron de novo ás rúas de Galicia este martes convocadas pola CIG para conmemorar o 1º de Maio, Día Internacional da Clase Obreira. En total foron 13 as mobilizacións que a central sindical levou a cabo nas principais cidades e vilas baixo o lema ‘Pola recuperación dos dereitos, contra a pobreza e a precariedade e por empregos, salarios e pensións dignas’. Un ano máis, a CIG celebrou a súa manifestación central en Vigo, que foi novamente a máis numerosa de cantas se celebraron en todo o país.

    Ao remate da marcha, o secretario xeral, Paulo Carril, anunciou que a central sindical baralla o martes 19 de xuño como data para convocar unha folga xeral, aínda que abriu a porta a consensuar outro día no caso de que o resto de sindicatos se sumen á iniciativa e opten por propoñer unha data alternativa. Así, adiantou que nos próximos días presentarase o preaviso de folga, “agardando que todos os sindicatos estean á altura das circunstancias nun momento no que temos que dar unha resposta conxunta e contundente na defensa dos nosos dereitos e dun futuro digno para a clase traballadora”.

    Durante a súa intervención Carril incidiu nas principais problemáticas que padece a clase traballadora como consecuencia da falsa recuperación económica e das políticas que aplican os Gobernos central e autonómico e debullou os principais argumentos que a CIG manexa para xustificar a necesidade dunha convocatoria “que obrigue o PP a retroceder nas súas posicións antisociais, antigalegas e antiobreiras”.

    WhatsApp Image 2018 05 01 at 1.13.04 PM

    O máximo responsábel da CIG lembrou que a central fai este chamamento de folga xeral “porque estamos convencidos de que estas políticas podémolas cambiar, debémolas cambiar, e porque temos moi presente que os dereitos non se regalan, non se compran, nin veñen do pacto social: os dereitos conquístanse coa loita e a mobilización; e é a loita da clase traballadora e do pobo galego a vía fundamental para a defensa e conquista de dereitos, para alcanzar políticas alternativas coas que na Galiza teñamos emprego, salarios e pensións dignas”.

    Emerxencia nacional e social

    Incidiu en que neste ano 2018 existen aínda máis razóns para mobilizarse “porque estamos fartos de escoitar a diario esa constante propaganda sobre a recuperación económica, cando en realidade atopámonos ante unha gran mentira, xa que todos os indicadores públicos e oficiais evidencian un empobrecemento xeneralizado da poboación mentres as rendas do capital, as empresas, aumentan os seus beneficios a ritmos frenéticos”.

    Como consecuencia, a realidade é que vivimos tempos de emerxencia nacional e social: aumentan as desigualdades, os salarios son máis baixos e as pensións non garanten un mínimo poder adquisitivo. “Até o punto de que hoxe en día ter un traballo ou unha pensión non permite vivir en condicións dignas”. Medra o emprego precario, avanza a pobreza laboral, os contratos de traballo en condicións escravizantes; instálanse novas formas de explotación laboral, con cadeas interminábeis de subcontratación, coas ETT, coas empresas multiservizos, coa imposición dos falsos autónomos”.

    WhatsApp Image 2018 05 01 at 1.13.08 PM

    Cada día son máis as persoas que estando no desemprego non perciben unha prestación, non teñen ningún tipo de ingreso. De feito, máis do 50% dos desempregados que hai na Galiza non cobra ningunha percepción económica. “Corremos o perigo da consolidación dunha situación social sen saída, á que se lle suma o imparábel avellentamento da poboación, unha emigración interminábel e a destrución dos nosos sectores produtivos e do tecido industrial”.

    Seguen a sobrar razóns

    Reiterou que seguen a sobrar razóns para convocar unha folga xeral, como por exemplo para que o PP non siga facendo “ouvidos xordos” ao clamor social que demanda pensións dignas, pero tamén como a mellor defensa ante a próxima reforma das pensións que están a preparar no chamado Pacto de Toledo. “Mentres non consigamos que se deroguen as reformas das pensións do 2011 e do 2013 seguirá o roubo ás nosas pensións”.

    Para facerlle fronte á patronal, para parar os seus abusos como consecuencia directa da reforma laboral do Goberno do PP. “Desmantelan a negociación colectiva, individualizan as relacións laborais, paralizan a negociación dos convenios, atacan as nosas condicións laborais e salariais e impoñen convenios e acordos marcos estatais que non dan cabida ás nosas necesidades”.

    Para frear as políticas do PP que fai os ricos mais ricos e os pobres máis pobres. “De feito, vemos como nos orzamentos do Estado están a preparar un novo recorte do sistema de protección por desemprego, unificando as prestacións asistenciais, que sendo competencia das comunidades autónomas pretenden reformar por decreto desde Madrid para recortar o tempo e as contías do subsidio de desemprego”.

    Como resposta aos recortes sociais e á privatización dos servizos públicos, convertidos polo PP nunha oportunidade de negocio para o capital, mentres medran os sectores sociais desatendidos e sen ningún tipo de cobertura social. “Para que non nos rouben o sistema educativo e sanitario público galego, para que o ensino e a sanidade sigan sendo galegas, públicas, universais, gratuítas e de calidade: derrogación da LOMCE e da reforma da Lei Galega da Saúde”.

    Contra o retroceso nas liberdades democráticas e nos dereitos fundamentais a través da Lei Mordaza, da última reforma do Código Penal, que se está a manifestar coa brutal represión contra traballadores/as que se atopan en risco de entrar en prisión por exercer o dereito á folga.

    Porque a folga do 8-M non pode quedar como un episodio perdido no tempo, como a loita dun día que non supoña avances reais nos dereitos das mulleres. “A arrepiante sentenza da Audiencia de Nafarroa é un brutal golpe aos dereitos das mulleres e confirma que o sistema xudicial español ampara a violencia patriarcal”.

    Como demostración da solidariedade de clase para romper esa dupla realidade que hai dentro da clase traballadora entre explotados/as e sobre-explotados/as e que as reformas laborais están a impoñer. “Temos a obriga de responder así ao perigo de que a precariedade se faga imparábel”.

    En definitiva, porque a folga xeral é a moción de censura da clase traballadora a esta políticas, “a que nós podemos facer e que outros/as non fan a estes Gobernos, á corrupción do PP, á podremia dun réxime do 78 que pretenden manter a calquera custe sen importarlles as consecuencias”.

    43

    RelacionadosArtículos

    «El partido está activo y es cada vez más fuerte porque creemos en el potencial de Vigo»
    Local

    «El partido está activo y es cada vez más fuerte porque creemos en el potencial de Vigo»

    31 de Ene, 2026
    Fútbol Emotion abre en Gran Vía de Vigo su tienda más grande de Galicia: 800 m² dedicados al balón
    Local

    Fútbol Emotion abre en Gran Vía de Vigo su tienda más grande de Galicia: 800 m² dedicados al balón

    31 de Ene, 2026
    La Guardia Civil desmantela la banda albanesa que asolaba el rural gallego
    Actualidad

    La Guardia Civil desmantela la banda albanesa que asolaba el rural gallego

    31 de Ene, 2026
    Final a la odisea del Eikborg: el carguero atraca en Vigo tras horas de incertidumbre
    Marítima

    Final a la odisea del Eikborg: el carguero atraca en Vigo tras horas de incertidumbre

    31 de Ene, 2026
    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    31 de Ene, 2026
    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR