• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 14 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A CIG anuncia unha campaña de protestas contra a modificación horaria ao persoal das tendas de inditex

    A central nacionalista acusa aos sindicatos CCOO, UGT e a empresa a nivel estatal de "avalar cambios que afectan incluso á conciliación familiar"
    Redacción por Redacción
    23 de May, 2020
    en Actualidad, Economía
    0
    inditex vig

    Protesta sindical da CIG. / Foto: Arquivo

    A Federación de Servizos da CIG anunciou este venres que porá en marcha unha campaña de mobilizacións para rexeitar a «modificación unilateral das condicións de traballo imposta por Inditex» ao persoal das tendas. «A dirección da compañía téxtil negouse a dar marcha atrás na súa decisión na xuntanza celebrada esta mañá na Inspección de Traballo a raíz das denuncias presentadas pola CIG», aseguran desde a central nacionalista.

    A CIG critica abertamente nun comunicado que CCOO e UGT asinasen o xoves un acordo a nivel estatal que «asume a proposta da empresa e avala os cambios de horarios e de quendas, afectando incluso ás persoas con medidas de conciliación familiar».

    Dende a CIG aseguran que Inditex modificou o pasado luns 18, de xeito unilateral e dun día para outro, os horarios do persoal de tendas en todo o Estado, decisión que incluíu tamén as traballadoras que teñen redución de xornada por coidado de crianzas, o que supón un ataque directo contra o dereito de conciliación da vida laboral e familiar. «Fíxoo sen especificar canto tempo ía durar a medida e coidándose moito de non deixar constancia por escrito para dificultar que as afectadas poidan reclamar”, aseguran. 

    Denuncian tamén que con esta modificación substancial das condicións de traballo Inditex «pretende recuperar os cartos que non aforrou ao non aplicar un ERTE á conta dos dereitos das persoas traballadoras e da conciliación da súa vida laboral e familiar”. A CIG engade que «de maneira sorpresiva, dun día para outro, por teléfono e sen negociación cos comités de empresa, impuxo uns horarios que vulneran os dereitos que durante anos foi conseguindo o persoal das tendas do grupo téxtil».

    As consecuencias das novas condicións de traballo son, segundo a CIG, que o persoal do grupo propiedade de Amancio Ortega queda sen día libre, límite de tardes e librada de fin de semana, “e nin sequera poderán gozar en moitos casos do descanso semanal mínimo» que establece a lei. «Máis grave aínda consideran a decisión de incluír nesta modificación a todo o persoal que goza de concreción horaria por conciliación da vida laboral e familiar, e que en moitos casos logrou este dereito tras reclamacións xudiciais», aseguran no comunicado.

    Denuncia en Inspección de Traballo

    Nada máis ter coñecemento do que estaba a acontecer a CIG presentou denuncia na Inspección de Traballo, que convocou as partes a unha xuntanza que tivo lugar na Coruña. “A inspectora citou tamén a representación de CCOO e UGT ao entender que fan parte dos comités, cando se trata dunha iniciativa da CIG”, censuran.

    Segundo a CIG, nesta reunión a empresa incidiu en que vén de asinar un acordo cos sindicatos estatais e sostén que actúa “polo ben das traballadoras, supostamente para garantir a súa saúde, cando o que pretenden é aforrar cartos evitando ter que contratar persoal temporal para cubrir baixas e vacacións xa que non respectan nin os descansos do sábado nin cumpren os descansos semanais”. O único que aceptou a empresa foi non modificar as vacacións de verán, que quedarán como até o de agora.

    Desamparo do persoal

    Asegura a CIG que as traballadoras séntense “desamparadas” porque a lei permite “botar man” dunha normativa sanitaria “para recortar os nosos dereitos” e denuncian o feito de que “sempre sexamos nós, as empregadas das tendas, as que pagamos as consecuencias, porque estas medidas non se aplicaron por exemplo en loxística ou na central”. Ademais, insisten en que moitas delas están a ser «coaccionadas pola dirección» para que acepten unhas modificacións horarias que os comités de empresa aínda non recibiron por escrito. “Como levamos dous meses na casa cobrando, agora pretenden sanear a empresa á nosa costa”, sinalan.

    Fronte a isto, a CIG reclama que a empresa restitúa os horarios normais de todo o persoal a partir do luns, cando está previsto que Galiza entre na fase 2 da desescalada, xa que a intención de Inditex é manter esta medida excepcional mentres dure o estado de alarma. Ao mesmo tempo, esixe que se garantan as medidas de seguridade, incluíndo distintas horas de entrada e saída para evitar que coincida o persoal das distintas quendas.

    Finalmente, anuncian que nos vindeiros días decidirán tanto o formato como as datas nas que se desenvolverán as primeiras accións de protesta contra este ataque directo de Inditex contra os dereitos laborais do seu cadro de persoal.

    43

    Tags: CIGInditex

    RelacionadosArtículos

    Rechazan la condena a una exempleada de Vitrasa por el incendio de dos buses: «No se aplica ni a terroristas»
    Local

    Rechazan la condena a una exempleada de Vitrasa por el incendio de dos buses: «No se aplica ni a terroristas»

    10 de Oct, 2025
    Centenares de delegados de la CIG protestan por una Galicia «con derechos, trabajo digno e igualdad»
    Economía

    Centenares de delegados de la CIG protestan por una Galicia «con derechos, trabajo digno e igualdad»

    07 de Oct, 2025
    Acusan a la Xunta de convertir las residencias de mayores en «auténticos almacenes de personas en emergencia”
    Local

    Acusan a la Xunta de convertir las residencias de mayores en «auténticos almacenes de personas en emergencia”

    03 de Oct, 2025
    Protestas en Vigo por el cierre de oficinas del Santander, que busca la «digitalización forzosa» de los clientes
    Economía

    Protestas en Vigo por el cierre de oficinas del Santander, que busca la «digitalización forzosa» de los clientes

    29 de Sep, 2025
    La hostelería local solicita “ayudas directas a corto plazo” por el coste de la electricidad
    Actualidad

    El sector hostelero de la provincia ya tiene nuevo convenio colectivo con un incremento salarial del 7%

    17 de Sep, 2025
    La CIG denuncia el despido irregular de una de sus delegadas en Nueva Pescanova de O Porriño
    O Porriño

    La CIG denuncia el despido irregular de una de sus delegadas en Nueva Pescanova de O Porriño

    27 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 9

    Más Vistos

    La A55, de nuevo una ratonera: retenciones y tráfico ralentizado desde O Porriño hacia Vigo

    La A55, de nuevo una ratonera: retenciones y tráfico ralentizado desde O Porriño hacia Vigo

    por Redacción
    12 de Oct, 2025
    0

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    por María Alonso
    08 de Oct, 2025
    0

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    Una rotonda a la altura del Alcampo, que se pone a prueba hoy, dará acceso a la Avenida de Madrid

    Una rotonda a la altura del Alcampo, que se pone a prueba hoy, dará acceso a la Avenida de Madrid

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La muerte de las galerías comerciales
    Más Vigo

    La muerte de las galerías comerciales

    Esta es una de las entradas de las Galerías Durán, en la ciudad de Vigo. Mediante su red de locales...

    por Julio Alonso
    14 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada
    Libros

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado...

    por Redacción
    08 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones
    Opinión

    Carta a la dirección de VIGOÉ

    Respecto al artículo publicado el 09/10/2025 en su medio VIGOÉ con el título “El comercio de Vigo se levanta contra...

    por Cartas al Director
    14 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR