O organismo salienta a débeda cero do Concello, o cumprimento da regra de gasto e o superávit municipal, parámetros que fan da administración viguesa líder dos municipios de máis de 250.000 habitantes.
Os datos do Ministerio de Facenda confirman que a cidade olívica é a gran urbe española que antes abona as súas facturas, facéndoo nove días antes de que comece a contar o cómputo de 30 días de prazo para facelo.
«Estamos no top de toda España. En termos fiscais, de ingresos, de gastos, de solvencia económica e de capacidade de xestión, somos os mellores de España», asegurou o alcalde, Abel Caballero ao valorar o informe da AIReF.