17012020Vie
Última edición: Vie, 17 Ene 2020 9pm

Mos organiza a súa propia ‘viaxe do Imserso’ a Aveiro

O Concello promove unha excursión á vila portuguesa para os días 15 e 16 de febreiro, que inclúe traslado, aloxamento, comidas e visita a Guimaraes

10 Enero 2020 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Imagen de Aveiro. / Foto: Visit Portugal Imagen de Aveiro. / Foto: Visit Portugal

O Concello de Mos organizará unha viaxe a Aveiro para maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 que se desenvolverá os días 15 e 16 de febreiro. O custe por persoa da escapada é de 125 euros.

Este prezo inclúe traslados, comidas, aloxamento dunha noite en habitación dobre no hotel Jardím, de tres estrelas, e visitas a Guimaraes con entrada ao Castelo, visita guiada en Aveiro e ao Museo Aliança Underground.

O prazo para apuntarse a esta excursión atópase xa aberto e rematará o vindeiro xoves, 16 de xaneiro. A inscrición pode formalizarse tanto no Rexistro do Concello de Mos como nas oficinas da OMIX, no edificio Multiusos das Pozas.

As persoas interesadas en obter máis información sobre esta viaxe poden chamar por teléfono ao número 986 339 404.aveiro

sucesos

celebración

tribunales

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos