20102018Sáb
Última edición: Sáb, 20 Oct 2018 1pm

#PONTEVEDRAPROVINCIA

"Somos Historias” chegará o martes a Porto na primeira incursión do ano no país veciño

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor, asistirá ao acto de presentación, que terá lugar no Palacio da Bolsa da cidade portuguesa

21 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Somos Historias. Somos Historias.

A campaña de promoción turística da Deputación de Pontevedra, “Somos Historias”, chegará este próximo martes á cidade portuguesa de Porto na súa primeira incursión deste ano no país veciño, despois das presentacións que se fixeron este ano na Feira Internacional de Turismo (FITUR) e no Teatro Rialto da Gran Vía de Madrid.

O acto comezará as 10.00 da mañá (hora portuguesa) no emblemático Palacio da Bolsa da cidade portuense e consistirá nun encontro profesional con touroperadores, axentes turísticos, representantes institucionais do Norte de Portugal e medios de comunicación do eido do turismo para presentar a campaña de promoción de Rías Baixas que o goberno de Carmela Silva escolleu neste 2018 ao abeiro do Ano do Patrimonio.

No evento, a Deputación de Pontevedra poñerá en valor a reapertura do Castelo de Soutomaior o próximo mes de maio, co fío condutor da figura de María Vinyals; o patrimonio fortificado e o patrimonio espiritual; as festas de interese turístico da provincia; a gastronomía de Rías Baixas; o Camiño Portugués (cos dous itinerarios), e o enoturismo, xa que Portugal é o sexto país produtor de viños do mundo e tamén é o primeiro consumidor de cantidade e de variedades.

A presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que “en Porto iniciamos unha parte da campaña máis enfocada ao sector profesional, con actos no que presentaremos produtos específicos para o público obxectivo deses lugares. Podemos dicir que esta presentación ten a finalidade de que nos coñezan un pouco máis, e de que sigamos a traballar cun mercado que como sempre dixemos é preferente para o destino Rías Baixas”. Silva explicou que “por un lado a maioría dos turistas estranxeiros que nos visitan son portugueses, no 2017 representou o 16,4% do total da demanda turística internacional de Galicia, e por outro porque o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa representan unha oportunidade de desenvolvemento turístico en crecemento”.

O acto en Porto contará coa condución de Maria Cerqueira Gomes, coñecida presentadora portuguesa e unha das maiores influencers de tendencias de viaxes no norte de Portugal.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

celta

proyectos

el proyecto de thom mayne

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos