25032019Lun
Última edición: Dom, 24 Mar 2019 10pm

A Romaría Viquinga de Catoira chega a Irlanda

As festas de interese turístico internacional son un dos principais recursos do patrimonio inmaterial que a Deputación está a poñer en valor este ano coa campaña “Somos Historias”

29 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Barco vikingo. Barco vikingo.

A Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas e dentro da promoción turística de 2018 que xira arredor da campaña “Somos Historias”, estará presente na Romaría Viquinga de Catoira en tres feiras viquingas internacionais: o “Dublinia Viking Fest”, en Dublín (desde o 30 de marzo ao 2 de abril), o “Waterford’s International Viking Festival” (do sábado 31 de marzo ao 2 de abril) e o “JORVIK Viking Festival”, en York (que se celebrará en febreiro do vindeiro ano).

Trátase das citas máis importantes en todo o mundo relacionadas coa cultura viquinga e todas elas están enmarcadas no proxecto europeo “Follow the vikings”, no que participan diferentes territorios europeos relacionados con esta cultura.

En canto ás próximas citas das irlandesas Dublín e Waterford, a Deputación provincial participará na difusión e posta en valor dun dos recursos máis relevantes do patrimonio inmaterial da provincia de Pontevedra xa que, de feito, a Romaría Viquinga de Catoira é unha das catro festas de interese turístico internacional recoñecidas no territorio pontevedrés e que teñen un grande protagonismo en todas as accións promocionais da campaña “Somos Historias”.

O apoio da Deputación á presenza de Catoira neste evento ten unha dobre vertente xa que, ademais de impulsar o coñecemento desta cita ineludible no calendario cultural pontevedrés, á súa vez a través da Romaría Viquinga de Catoira as persoas que asistan á Feira de Waterford tamén coñecerán o destino Pontevedra Provincia. Deste xeito, repartirase material informativo sobre os principais recursos turísticos do conxunto da provincia de Pontevedra e, dunha maneira especial, exporase o potencial turístico da comarca do Ulla-Umia para permitir a atracción de visitantes internacionais durante a semana na que se celebra a Romaría Viquinga. Cómpre lembrar que esta cita xa reúne anualmente a máis de 50.000 persoas e que este ano celebra a súa 57ª edición.

Ademais, neste mesmo sentido, o destino Pontevedra Provincia tamén se promocionará dun xeito moi importante nas actividades que levará a cabo a representación de Catoira nas feiras de Dublín e Waterford, a través de seminarios de percusión, de espectáculos de rúa e da participación nos espectáculos finais de lume e pirotecnia que desenvolverá unha formación artística e teatral ao longo dos catro días de duración destes eventos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sos desaparecido

música

música

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos