14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

PEINADOR

Vigo autoriza o voo a París polos problemas en Bruselas

A liña comezará a operar o 4 de xullo e permanecerá ata o 25 de setembro

08 Abril 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Air Nostrum cambia Bruselas por París como cidade de destino este verán./Foto: AirNostrum Air Nostrum cambia Bruselas por París como cidade de destino este verán./Foto: AirNostrum

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do visto bo do goberno de Vigo á proposta remitida por Air Nostrum para substituír temporalmente a conexión con Bruselas pola de París-CDG, dado que a capital belga non pode garantir a plena operatividade do seu aeroporto durante este verán, tras os atentados terroristas do 22 de marzo.

Caballero indicou que os informes técnicos municipais avalan a proposta remitida pola aeroliña e polo tanto Vigo estará conectada novamente coa principal terminal parisiense, mantendo as datas de operación, as frecuencias e o número de prazas ofertadas pola compañía no concurso público. Así, Air Nostrum conectará Vigo con París desde o 4 de xullo ata o 25 de setembro, con voos os xoves e os domingos.

O alcalde vigués reiterou que non renuncia á conexión coa capital belga e anunciou que volverá solicitar ao Ministerio de Fomento que declare o Vigo-Bruselas como ruta de interese público e conte deste xeito con subvención estatal ou europea. Caballero recordou que Vigo acolle a Axencia Europea de Control da Pesca e poucas cidades contan cunha sede administrativa continental e carecen de voo directo con Bruxelas.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos