• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 10 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Vigo e as Rías Baixas xa son a cuarta zona turística con maior auxe de España

    Carmela Silva cualificou os resultados como “históricos” e puxo en valor o “enorme incremento do turismo internacional nas Rías Baixas con dez puntos máis que a media de Galicia”
    Redacción por Redacción
    04 de Sep, 2017
    en Galicia
    0
    Vigo e as Rías Baixas xa son a cuarta zona turística con maior auxe de España

    Silva, que cualificou os resultados de “históricos”, ao ser os mellores dende que existen rexistros, amosou a súa satisfacción “porque os datos poñen de manifesto que o sector turístico da provincia de Pontevedra ten unha alta capacidade e que xa somos a cuarta zona turística con maior auxe en España”.

    A comezos do verán a presidenta provincial daba a coñecer as previsións que dende Turismo Rías Baixas se agardaban para os meses de xullo e agosto. Ao respecto Silva subliñou que “superamos as nosas previsións con creces xa que en xullo tivemos unha ocupación do 84%, 7 puntos por riba do previsto, e en agosto os datos foron aínda mellores”. Máis polo miúdo, Carmela Silva detallou que “tendo como referencia os datos do INE, que se recollen dende 1999, este é o mellor mes de agosto en Rías Baixas dos últimos 18 anos, por riba de agosto de 2016 e agosto de 1999, cando a ocupación se situou no 74,9%”.

    Segundo informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, os datos de Turismo Rías Baixas confirman que o mes de agosto pechou cunha ocupación hoteleira media provincial do 91,11%, “é dicir, case 12 puntos por riba do previsto e 2 puntos por riba dos resultados obtidos no mesmo mes do 2016, cando a ocupación acadou o 89,2%”. Estes resultados, tal e como asegurou Carmela Silva, “xa nos sitúan como a cuarta zona turística con maior auxe en España, con pernoctacións que medraron, no primeiro semestre do ano, un 3,7% e visitantes que tamén o fan un 9%, o que nos sitúa como a provincia galega máis atractiva xa que estamos a recibir ao 40% dos visitantes que elixen Galicia como destino”. 

    Máis en concreto, a comarca do Salnés rexistrou unha ocupación hoteleira do 95,12%, sete puntos por riba que agosto de 2016, cando a porcentaxe acadou o 88%. No caso desta comarca, a presidenta provincial subliñou que os hoteis de catro estrelas acadaron o 100% da ocupación e que vilas como Sanxenxo ou O Grove superaron en catro puntos o rexistrado en agosto do ano pasado.

    Na comarca de Pontevedra, segundo as estimacións de Turismo Rías Baixas, prevíase unha ocupación superior ao 80%, “e o certo é que –tal e como manifestou Silva- foi do 92,25%, é dicir, máis de doce puntos por riba que os obtidos en agosto de 2016 e tamén doce puntos máis do previsto”.

    Para a comarca do Morrazo se agardaba unha ocupación do 86,7% e finalmente se chegou ao 97,6% o que supón once puntos por riba das estimacións realizadas a comezos de verán por Turismo Rías Baixas e case oito puntos máis que o acadado en agosto de 2016. Na mesma liña aconteceu na comarca de Caldas, onde se esperaba unha porcentaxe do 81,53% e se superou o 91,72%, é dicir, once puntos máis do previsto.

    Pola súa banda, a comarca de Vigo rexistrou unha ocupación hoteleira do 93,5%, é dicir, máis de 8 puntos por riba do estimado a comezos de verán e case seis puntos máis que os resultados obtidos en agosto de 2016, cando se chegou ao 88%. No caso desta comarca, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou que durante os días nos que se celebrou o Festival do Marisquiño a ocupación foi do 100% en Vigo e en toda a súa comarca. Ao respecto, Silva tamén deu a coñecer que o sector turístico da comarca “cualifica o mes de agosto como histórico e adianta que na primeira quincena de setembro agardan superar o 70% de ocupación”.

    No Baixo Miño, a ocupación hoteleira foi do 90,3% o que supón case catorce puntos máis do estimado. Un resultado similar se obtivo nas comarcas do Condado e A Paradanta nas que, co 84,75% de ocupación hoteleira, se superaron en trece puntos as previsións efectuadas por Turismo Rías Baixas a comezos de verán.

    En canto ás comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, a Deputación de Pontevedra estimaba unha ocupación do 68,75% e finalmente a porcentaxe ascendeu ao 83,6%, é dicir, case quince puntos por riba do previsto e acadando resultados similares a agosto do 2016.

    A presidenta provincial adiantou que “o sector nos está a trasladar que setembro continuará esta tendencia crecente rexistrada durante o verán e que se confirma con datos que xa contabilizan nestes momentos portais de reservas como booking.com”. Ao respecto, Silva daba a coñecer que, segundo os portais on-line, Rías Baixas ten xa o 83% das prazas reservadas, ascendendo ata o 100% as efectuadas en Pontevedra, o 95% en Baiona, o 85% en Vigo e o 76% nas comarcas do Salnés e O Morrazo.

    Carmela Silva asegurou que “estes datos corroboran que o sector turístico ten unha grande capacidade e por iso imos seguir traballando para que se desestacionalice, para que se impulsen novas actividades como o turismo ornitolóxico, o termalismo, a cultura, a natureza, promovendo o destino como o fixemos en Fitur, en Madrid, En Lisboa, en Oporto, en revistas especializadas, blogs, webs e en contacto con influencers”. “Por todo isto – engadiu a presidenta da Deputación – o noso compromiso con este sector é fundamental xa que se trata dun motor de desenvolvemento económico que representa o 11,5% do Produto Interior Bruto e o 13% do emprego da provincia de Pontevedra”.

    Turismo Rural
    En canto ao turismo rural, a presidenta da Deputación de Pontevedra tamén amosou a súa satisfacción. “Agardábamos unha ocupación do 74,41% e finalmente obtivemos un 85,65%, é dicir, máis de dez puntos por riba do estimado e case dous máis que o acadado en agosto de 2016”, asegurou Carmela Silva.

    A ocupación das casas de turismo rural por comarcas foi do 95% no Salnés, do 92,75% na comarca de Pontevedra, do 100% no Morrazo, do 85,03% en Caldas, do 80% en Vigo, 88,75% na comarca do Baixo Miño, do 81,68% no Condado e A Paradanta e do 70,22% nas comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

    A presidenta provincial destacou o papel de liderado que está a ocupar a provincia de Pontevedra en canto ao turismo rural. De feito, Silva deu a coñecer que segundo o portal especializado Escapada Rural, Rías Baixas é un dos destinos do “top ten” do turismo rural nacional, situándose no terceiro posto, tras Málaga e Barcelona. Ao respecto, a presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción xa que “o turismo rural está ligado á calidade e as altas porcentaxes rexistradas en agosto deste ano revelan que cada vez estamos atraendo a un turismo máis centrado en actividades culturais ou relacionadas coa natureza que co sol e praia”.

    Turismo Internacional
    A presidenta da Deputación de Pontevedra deu tamén a coñecer datos relativos ao turismo internacional. Neste contexto, Silva destacou que “estaba previsto que dos turistas que chegasen ás Rías Baixas máis do 30% fosen internacionais, unha porcentaxe similar ao do ano pasado e, sen embargo, superáronse as estimacións e recibimos un 36% de turistas internacionais, dez puntos máis que a media de Galicia, que se sitúa no 26%”.

    En canto á procedencia, Carmela Silva subliñou que “a porcentaxe maioritaria de persoas que nos visitan do estranxeiro correspóndense con habitantes de Portugal, Francia, Reino Unido e Italia o que manifesta que se trata de turistas que coinciden cos países cos que enlaza o aeroporto de Peinador grazas ás novas rutas aéreas que se puxeron en marcha”. Ao respecto, Silva reivindicou a necesidade de que a administración autonómica e a estatal se impliquen co aeroporto vigués, “porque con investimentos moi asumibles estase a producir un impacto económico moi importante en toda a provincia de Pontevedra”.

    A presidenta provincial destacou o crecemento das persoas que nos visitan procedentes de Portugal, “un 30% máis que o ano anterior, o que demostra que acertamos nas accións promocionais que dende a Deputación de Pontevedra impulsamos en Oporto e Lisboa”. Amais, Silva tamén fixo mención ás persoas turistas americanas, australianas e holandesas que nos elixen para camiñar cara Compostela.

    43

    RelacionadosArtículos

    Bouzas cuenta oficialmente desde hoy con su nueva plaza
    Local

    Bouzas cuenta oficialmente desde hoy con su nueva plaza

    10 de Nov, 2025
    Una espectacular tercera regata de la Liga de Otoño Cíes-Rande afianza a los líderes
    Náutica y Vela

    Una espectacular tercera regata de la Liga de Otoño Cíes-Rande afianza a los líderes

    10 de Nov, 2025
    La Diputación de Pontevedra y la UVigo firman un convenio para la movilidad estudiantil
    Local

    La Diputación de Pontevedra y la UVigo firman un convenio para la movilidad estudiantil

    10 de Nov, 2025
    Dos personas intoxicadas por humo a causa de un incendio en una cafetería de Vigo
    Local

    Dos heridos tras el incendio de un piso que cubrió de humo la calle Andalucía

    10 de Nov, 2025
    Dramaturxias Itinerantes regresa a Vigo con dos voces femeninas que cuestionan el poder y la opresión
    Cultura

    Dramaturxias Itinerantes regresa a Vigo con dos voces femeninas que cuestionan el poder y la opresión

    10 de Nov, 2025
    Un DJ de Vigo que conquista los premios Xuventude Crea con un estilo único que sonará en los clubs de todo el mundo
    Música

    Un DJ de Vigo que conquista los premios Xuventude Crea con un estilo único que sonará en los clubs de todo el mundo

    10 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Una operación inédita y milimétrica ha botado un visor submarino único en España a la Ría de Vigo

    Una operación inédita y milimétrica ha botado un visor submarino único en España a la Ría de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El Sireno como símbolo de Vigo
    Más Vigo

    El Sireno como símbolo de Vigo

    La impresionante estatua de Francisco Leiro conocida como El Sireno, y ubicada en la Porta do Sol de la ciudad...

    por Julio Alonso
    10 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR