Ademais, aprovéitase gran parte da coñecida Ruta da Auga, na que as persoas participantes poderán gozar dunhas magníficas vistas sobre a ría de Vigo, a ponte de Rande ou San Simón. Trátase dunha ruta longa pero sen demasiadas complicacións técnicas.
Nestas iniciativas, a Deputación de Pontevedra pon a disposición de todos os e as participantes a cobertura de seguro de responsabilidade civil e accidentes, servizo sanitario, servizo de asistencia durante o percorrido, dous avituallamentos, servizo de lavado de bicicletas e servizo de vestiarios.