Así se pronunciou Carmela Silva tras a clausura do encontro da agrupación de Villa Termais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que celebrouse dende o pasado venres entre as vilas de Caldas e Cuntis. Silva subliñou que nada sirve que Galicia impulse unha nova lexislación se a nacional é do século pasado e si ademais non se recollen as necesidades dos concellos que contan con recursos hidrotermais para a súa explotación.
«Temos moitos concellos na provincia que contan con recursos termais que poderían ser unha fonte de riqueza e de atracción turística pero necesitamos unha lexislación acorde cos novos tempos e non só co explotación por parte de balnearios e establecementos privados», demandou a presidenta da Deputación.
Por elo reclamou ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que se poña a traballar por unha lei de novos tempos e que esixa que en Madrid se faga o mesmo.
Por outro lado, a provincia de Pontevedra ganou peso dentro da agrupación de Villas Termais da FEMP coa incorporación das localidades de O Grove e Catoira, tras a celebración do encontro desta fin de semana en Caldas.
Precisamente, un dos acordos máis importantes acadados tras esta xuntanza foi que a propia FEMP vai a adicar recursos para o asesoramento e o deseño de ferramentas de xestión local para aqueles concellos que conten con recursos hidrotermais e queiran coñecer as súas posibilidades de explotación futuras.
Este encontro do grupo de Villas Termales da FEMP desenvolveuse entre as localidades de Caldas e Cuntis, con diversas mesas redondas e ponencias, e contou coa participación de máis de medio cento de alcaldes e alcaldesas e concelleiros e concelleiras de varias localidades que contan con recursos termais e son membros da Federación Española de Municipios e Provincias.