• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 14 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    “Os datos de turismo sinalan que a provincia está de moda»

    Os datos provisionais de ocupación durante o mes de setembro nas comarcas do sur de Pontevedra sitúanse en arredor de 10 puntos por enriba dos de setembro de 2016
    Redacción por Redacción
    28 de Sep, 2017
    en Galicia
    0
    “Os datos de turismo sinalan que a provincia está de moda»

    Para esta primeira fase, a institución provincial consultou aos concellos e á industria turística para coñecer a situación real do destino Rías Baixas e, unha vez postas en común todas as conclusións desta análise, establecer as bases das accións que se incluirán no documento final.

    Carmela Silva sinalou que “o Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020 é fundamental na provincia porque nunca se formulara a necesidade de elaboralo” e, asegurou, “aínda que Rías Baixas é unha grande idea que nos situou no mapa, coxeaba de moitas cuestións” como, ademais da propia necesidade do Plan, “que as tarefas que desenvolve a Deputación de Pontevedra para fortalecer o turismo sostible se fixeran contando cos concellos, co sector privado e cos axentes turísticos”. A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que “de nada valería facelo se saíra unicamente de nós, xa que quedaría nun papel e non estamos dispostas nin dispostos a perder o tempo nin os recursos”. “Queremos que este sexa o Plan Estratéxico non da Deputación de Pontevedra senón da provincia de Pontevedra, do seu sector turístico e dos seus concellos”, sinalou. Ao respecto dos gobernos locais, Carmela Silva asegurou que “son quen mellor coñecen as potencialidades do seu territorio e os sinais de identidade que queren promover para atraer turismo sostible e de calidade a curto, medio e, sobre todo, longo prazo”.

    A presidenta provincial tamén avanzou os primeiros datos que se manexan de ocupación durante o mes de setembro, malia que lembrou que son soamente provisionais. “Os datos sinalan que a provincia está de moda e que estamos tendo un crecemento espectacular”, asegurou Carmela Silva. Deste xeito (comparando cos datos de setembro de 2016) a comarca de Vigo mailo Val Miñor teñen unha ocupación do 76%, dous puntos por enriba, o Baixo Miño ten este ano un incremento de oito puntos situándose en preto do 70%, o Morrazo experimenta unha subida de nove puntos chegando ata o 62% de ocupación e, no caso do Condado e da Paradanta, malia que aínda non se teñen os datos, “un establecemento emblemático como o Balneario de Mondariz tivo unha ocupación do 75%, máis de 10 puntos por enriba”, sinalou a Presidenta provincial. Estes datos, declarou, “satisfannos moito pero abren os nosos ollos á responsabilidade de xestionar un crecemento tan espectacular”.

    Carmela Silva agradeceu ao sector e axentes turísticos mailos gobernos locais pola “inmensa participación, a máis alta entre todos os plans que ten elaborado a empresa adxudicataria”, ao ter participado “54 dos 61 concellos e o 100% das empresas ás que se solicitou a súa participación”, o que para a Presidenta amosa “que hai interese, ocupación e preocupación por que as cousas se fagan ben”. Para a fase de concertación elaboráronse mesas de traballo, enquisas, entrevistas e reunións co obxectivo de identificar as potencialidades, debilidades, afoutezas e oportunidades da provincia a nivel turístico. “A partir de aí imos elaborar o Plan de forma inmediata, en outubro e novembro, para o que volveremos convocarvos cunha proposta para validar, ampliar e modificar o documento” que só se pode desenvolver deste xeito, sinalou Carmela Silva, “para que os recursos que poñamos á súa disposición teñan os resultados pretendidos”.

    Non en van, a presidenta provincial lembrou que o turismo xera 40.000 empregos, tivo 2.000 millóns de euros de facturación en 2016 e supón o 11% do PIB galego. “Temos que garantir a sustentabilidade, que o noso territorio manteña a súa riqueza, ofertar servizos de calidade moito máis amplos e ligados a todo o territorio, diversificar o territorio, traballar para a desestacionalización e facer un traballo de coordinación entre todas as administracións”. Ao respecto disto último, a Presidenta asegurou que “trátase de non dedicar recursos cada quen pola súa banda xa que, no canto dun efecto multiplicador, isto provoca un efecto de resta” e asegurou que “o Plan será un éxito porque, antes de ser aprobado, preguntarémonos que é o que achega cada quen nas accións que se contemplarán no documento”.

    Carmela Silva sinalou algunhas das necesidades contempladas nas conclusións ás que chegou o conxunto do sector turístico, como a de actuar nas infraestruturas e nas conexións co aeroporto que acurten os tempos de chegada desde distintos puntos estatais e internacionais. A Presidenta provincial tamén valorou positivamente “a consciencia do propio sector privado da necesidade de coidar a relación entre calidade e prezo para non provocar efectos negativos a longo prazo”, a necesidade de “potenciar as experiencias da páxina web www.turismoriasbaixas.com para relacionarse entre si e poder ofertas paquetes” e a “enorme potencialidade que nos dá ser un territorio transfronteirizo con Portugal”, no que sinalou “a creación dunha AECT liderada pola área de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra a través do deputado Uxío Benítez” ou propostas desde os ámbitos locais como o de “construír unha ponte peonil entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira”.

    Carmela Silva tamén sinalou “a necesidade de potenciar o interior, que non soamente significa unha paisaxe espectacular e recursos naturais inigualables, senón que a meirande parte das nosas potencialidades en patrimonio cultural e arquitectónico está situado nesas vilas”. Así, asegurou que “debemos deixar de chamalas do interior para falar dunha provincia rica en toda a nosa cultura”. “As novas directrices do desenvolvemento turístico van polo feito de que cada vez máis turistas reclaman ir a lugares que ofrezan diversidade e demandando cultura”, afirmou.

    Trala presentación das conclusións en Pontevedra e en Vigo, a Deputación de Pontevedra volverá colaborar cos concellos e o sector privado da provincia para volver analizar estas conclusións antes do inicio da redacción do documento final, un Plan Estratéxico de Turismo para a provincia de Pontevedra que se elabora por primeira vez para o destino Rías Baixas, sendo ademais a primeira vez que na provincia de Pontevedra se reúne aos concellos e ao sector privado para falar da situación actual e do futuro da provincia de maneira conxunta. Ademais, Carmela Silva adiantou que “en novembro publicaremos os resultados dunha enquisa que fixemos aos nosos e nosas visitantes durante todo este ano para saber o que opinan e que non teñamos unha imaxe distorsionada do noso destino Rías Baixas”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Dos películas rodadas en Vigo y su área, de camino a los Goya

    13 de Ene, 2026
    Detenidas 5 personas tras el hallazgo de 200 kilos de cocaína en un contenedor en el Puerto de Vigo
    Sucesos

    Detenidas 5 personas tras el hallazgo de 200 kilos de cocaína en un contenedor en el Puerto de Vigo

    13 de Ene, 2026
    Local

    Piden a la Xunta «garantías reales» para proteger el Olivo ante la prolongación del túnel de Elduayen

    13 de Ene, 2026
    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo
    Local

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    13 de Ene, 2026
    Metalships toma impulso con cuatro grandes buques en reparación y un quinto para construir
    Marítima

    El naval de Vigo pone rumbo a Indonesia

    13 de Ene, 2026
    CC.OO. critica que CIG y UGT “claudicasen ante la patronal” al firmar el convenio provincial del metal
    Economía

    Reducir jornada y recuperar poder adquisitivo: se inicia en Vigo la negociación del nuevo convenio del metal

    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR