14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3pm

patrimonio

Ruta turística polos castros da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra presenta en A Guarda os traballos que está a desenvolver nos 18 xacementos arqueolóxicos da provincia. Ó rematar a presentación tivo lugar o depósito do “Cabezón do Trega” achado en outubro de 2015 no xacemento de A Guarda

17 Febrero 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Foto de familia no castro de Trega despois do acto de presentación. / Foto: Deputación Foto de familia no castro de Trega despois do acto de presentación. / Foto: Deputación

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polos deputados de turismo, cultura e emprego, Santos Héctor Rodríguez, Xosé Leal e Montse Magallanes, ademais do alcalde, Antonio Lomba, e outras autoridades do concello de A Guarda, presidiu este mércores a presentación ós medios dos traballos nos 18 xacementos da provincia dentro do protocolo co Ministerio de Fomento.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou a importancia dos traballos nestes 18 xacementos que permitirá “a recuperación e posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia para transmitir á sociedade o coñecemento destes castros e contribuír ó desenvolvemento socioeconómico mediante a promoción turística a través dunha oferta cultural innovadora”.

En concreto, Silva asegurou que a través desta actuación poderemos “coñecer quen somos e de onde vimos, pero tamén poñer en valor o noso patrimonio e cultura, impulsar a posta en marcha dunha ruta por espazos da historia galaico-romana ó longo da provincia de Pontevedra e promover turisticamente o noso destino”. Neste contexto, a presidenta da Deputación manifestou que “hoxe en día existe unha importante demanda no mundo de visitas de alto valor engadido ligadas ó patrimonio e á cultura polo que temos que ser capaces de abrirnos ó exterior, impulsando o turismo deste tipo e presentando todas as nosas potencialidades nos mercados europeos para reforzar o crecemento económico e impulsar o emprego”. A presidenta mostrouse favorable á crear unha ruta turística sobre estes 18 xacementos que impulse o turismo cultural na nosa provincia.

Sobre o Castro de Santa Trega, Carmela Silva destacou que “é una das cidades castrexas máis importantes do mundo e centro neurálxico da Idade do Ferro, situado, ademais, nun dos lugares máis fermosos da Península Ibérica”.

Pola súa banda, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, subliñou que esta actuación que está a impulsar a Deputación de Pontevedra xunto co Ministerio de Fomento “dará valor engadido á vila, fomentando o turismo de calidade” e recordou que no ano 2015 rexistráronse 180.000 visitantes que subiron ó monte, converténdoo no segundo lugar máis visitado de Galicia por detrás da Catedral de Santiago, e 55.000 que visitaron o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT)”.

O acto comezou coa visión xeral do protocolo asinado entre o Ministerio de Fomento e a institución provincial para a posta en valor dos 18 xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra, a cargo do arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez. O arqueólogo, acompañado da proxección de imaxes en vídeo, deu a coñecer a situación e estado das actuacións realizadas, centrándose no caso específico de A Guarda: o xacemento que máis avanzado está das 18 escavacións que se están a acometer na provincia de Pontevedra. Neste eido, Rodríguez subliñou que desde que comezaron as escavacións, en setembro de 2015, xa se atoparon máis de 40.000 pezas, máis de 40 estruturas de uso público e 11 vivendas que permiten estimar que o castro estivo habitado entre o século IV a.C. e mediados do século I d.C.

A través do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, a institución provincial está a realizar escavacións en 6 castros (Santa Trega na Guarda, Castro de Alobre en Vilagarcía, Mercado dos Mouros en Valga, Facho de Donón en Cangas, A Lanzada en Sanxenxo e Porta de Arcos en Rodeiro) e labores de limpeza e mantemento noutros 12 xacementos (Adro Vello de O Grove, Igrexa Vella de Valga, Monte do Castro de Ribadumia, A Cabeciña de Oia, Castro de Troña en Ponteareas, Castro de Toiriz en Silleda, Castrolandín de Cuntis, Alto da Cruz do Castro en Cotobade,Castro de Penalba en Campo Lameiro, Castro da Subida en Marín, Alto dos Cubos de Tui e Coto de Altamira en As Neves), ademais de tarefas de dixitalización, difusión e promoción. Pola súa banda, o Ministerio ocuparase da musealización, sinalización, accesos e, nalgúns casos, restauración.

As labores de limpeza vanse desenvolver con anterioridade á intervención do Ministerio de Fomento. Polo tanto, a súa calendarización dependerá da adxudicación do Ministerio do concurso público de ideas para as obras de restauración e musealización dos xacementos, para o que se presentaron xa 26 empresas.

O acto de presentación dos traballos que a Deputación de Pontevedra está a desenvolver nos 18 xacementos arqueolóxicos da provincia rematou co depósito do “Cabezón do Trega”, achado nas escavacións realizadas en Santa Trega, no Masat e coa visita guiada, a cargo do arqueólogo da Deputación de Pontevedra, polo barrio Mergelina.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos