14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 11am

Esgotadas en seis minutos as 300 prazas para a Depoandaina por Aldán e as illas Cíes

A expectación era tan grande que a lista da agarda de ata cen persoas tamén se completou nos primeiros minutos da mañá deste luns

02 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Xente camiñando cara o faro de Cíes. / Foto: Arquivo Xente camiñando cara o faro de Cíes. / Foto: Arquivo

No primeiro día de apertura do prazo e só en cuestión de minutos esgotáronse as 300 prazas que a Deputación de Pontevedra ofertou para a DepoAndaina que o vindeiro 29 de setembro percorrerá Aldán-Cangas e as illas Cíes. Trátase da quinta das sete rutas programadas este ano pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo sustentable.

O prazo abriuse este luns ás 09.00 horas e en seis minutos as prazas estaban completas. Ademais, un cento de persoas xa está en lista de espera para participar neste itinerario, para o que a inscrición na web da Deputación foi xa pechada.

A Depoandaina desenvolverase en sesión de mañá e tarde. Así, na ruta da mañá, as persoas participantes percorrerán o coñecido Bosque Encantado de Aldán, no concello de Cangas e, unha vez finalizada esta primeira andaina, desprazaranse ata as Illas Cíes, onde desfrutarán dun almorzo e realizarán posteriormente a espectacular ruta do Monte Faro.

En total, a DepoAndaina suma 10,5 quilómetros (3 en Aldán e 7,5 en Cíes) e ten unha dificultade media. A Deputación habilitará autobuses que sairán dende a praza de Galicia de Pontevedra e da praza de España de Vigo.

As DepoAndainas volverán despois xa en outubro, en que terán lugar as dúas últimas rutas das sete programadas: o día 6 polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal (a inscrición abre o 23 de setembro) e o día 12 pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia (abre o prazo o 30 de setembro).

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos