13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

Mercadillo e música na Ramallosa para a estrea da primeira Festa do Peregrino

Os comerciantes da zona instalarán un mercadillo outlet no Parque da Feira, onde haberá ademais postos artesanais, actuacións musicais e actividades para os máis pequenos

10 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel. Cartel.

O Concello de Nigrán, co apoio de Pontegal, ofrecerá este sábado 13 na Ramallosa a súa 'I Festa do Peregrino', evento que nace coa vocación de celebrarse anualmente neste enclave polo que transcorre o Camiño de Santiago pola costa. Esta festa, que conta co apoio dos comerciantes da zona, terá lugar na contorna do Parque da Feira durante todo o día e rematará no Pazo de Pías ás 21:30 cun concerto de piano de músical clásica a cargo de Peregrinos Musicais.

Os comerciantes serán parte esencial do evento, xa que instalarán desde as 10:00 horas no Parque da Feira un mercadillo outlet durante todo o día ao que se unirán artesáns da zona como canteiros, alfareiros, cesteiros... Así, a festa arrancará coa apertura da feira e con unha andaina que, precisamente, percorrerá o Camiño de Santiago pola Costa dende Priegue a Ramallosa (un autobús levará aos camiñantes a Priegue para que fagan o percorrido ata a Ramallosa, onde serán recibidos por un grupo de gaiteiros).

Pensando no público infantil, haberá contacontos as 12:00 ('Un pouco perdido') e 18:00 horas ('A máquina das estacións') e actuacións musicais do grupo folclórico Malas Herbas ás 13:00, ás 19:00 Festicultores Troupe e as 20:30 o grupo folclórico nigranés 'Os Muíños do Xuncido'. Ademais, Correos participará instalando un photocall no que os peregrinos poderán selar oficialmente a compostelana e haberá obradoiros de cabazas e de cestería con follato.

A xornada rematará cun concerto de música clásica de Peregrinos Musicais ás 21:30 no xardín do Pazo de Pías, establecemento da Ramallosa que funciona como albergue e o único de Nigrán no que se sela a compostelana. O obxectivo é reunir no evento a peregrinos e veciños de Nigrán. Así, neste marabilloso lugar terán lugar sendos concertos de piano de Alina Madison Sadykova, Marina Fernández Rueda e Yuri Durán, os tres como solistas e interpretando pezas de Chopin, Shostakovic, Mozart, Bach, Beethoven, Scarlatti ou Rakhmaninov.

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos