23072019Mar
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 11am

turismo

Os Trens Turísticos de Galicia estrean novas rutas polos Camiños de Santiago

É unha das principais novidades da edición de 2019 e permitirá descubrir parte do Patrimonio Mundial de Galicia a través de tramos do Camiño Inglés, Camiño do Norte, Camiño Francés e Camiño Primitivo

25 Junio 2019 por
Trens Turísticos de Galicia. Trens Turísticos de Galicia.

Os Trens Turísticos de Galicia, unha das propostas máis exitosas dos últimos anos, incorporarán na súa nova edición unha ruta polos camiños de Santiago para descubrir gran parte do patrimonio galego a través de diferentes tramos do Camiño Inglés, do Camiño do Norte, do Camiño Francés e do Camiño Primitivo.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, avanzou que a programación da sétima edición dos Trens Turísticos de Galicia achegará por vez primeira aos viaxeiros á realidade viva das peregrinacións xacobeas. Saíndo da cidade da Coruña (Camiño Inglés) achegarase ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte), á cidade de Lugo (Camiño Primitivo) e ao mosteiro de Samos (Camiño Francés). Percorrerá así catro dos dez itinerarios xacobeos en Galicia.

Pola súa banda, Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, explicou que tamén se reforzará á Ruta dos Mosteiros, iniciada a temporada pasada, ao incluír neste novo itinerario “dous importantes exemplos do extenso e rico patrimonio monacal galego, ambos estreitamente vinculados aos camiños xacobeos de peregrinación”.

CaboOrtegalRutaFarosPreto de 60 saídas
A nova edición dos Trens Turísticos de Galicia manterá presentes as xa coñecidas Ruta dos Faros, Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, Ruta da Lamprea, a Ruta Ourense Termal e Versalles galego, os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra –en ámbolos dous ríos, Sil e Miño-, Ribeiro e Valdeorras, así como a Ruta dos Mosteiros que, tras o éxito do ano pasado co 100% de ocupación, duplicará as súas saídas nesta edición.

En total, os viaxeiros poderán desfrutar nesta edición de ata 12 itinerarios temáticos diferentes, que farán un total de 57 saídas entre os meses de xuño e outubro e que suman máis de 16.000 km de percorridos polas catro provincias.

O mellor ano da súa historia
A directora de Turismo de Galicia puxo de manifesto o crecente atractivo desta iniciativa impulsada conxuntamente pola Consellería de Cultura e Turismo, Renfe e o Inorde. De feito, como recordou, en 2018 pechou temporada cun 93% de ocupación, a mellor da súa historia e con preto de 2.300 viaxeiros.

RutaCamino Lugo

Catedral de Lugo. 

O ano pasado acadouse o cen por cen de ocupación en tres das 12 rutas programadas: a Ruta dos Faros, da Ruta da Ribeira Sacra do Sil e a Ruta dos Mosteiros. Por riba do 90% estiveron itinerarios como o da Ribeira Sacra do Miño, así como a Ruta das Rías Baixas, a Ruta da Lamprea, a Ruta do Viño de Monterrei ou a Ruta dos Viños de Valdeorras. Pola súa banda, a Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, a Ruta Ourense Termal e Versalles galego, así como a Ruta dos viños do Ribeiro-Rías Baixas e a Ruta Lugo Romano alcanzaron ocupacións de entre o 70 e o 80%.

SantoAndredeTeixido RutaFarosAlta satisfacción dos usuarios
Os Trens Turísticos de Galicia reveláronse un ano máis como unha das mellores opcións tamén para usuarios de distintas partes do mundo, que chegaron de seis países de Europa, así como de Asia, África ou América. A eles uníronse os usuarios procedentes de ata 15 Comunidades Autónomas de España.

Ademais, preto do 97% recomendou a experiencia o que avala o éxito desta iniciativa que combina natureza, termalismo, enogastronomía e cultura nas 12 rutas que percorren as catro provincias.

Novo punto de información en Santiago
Ademais, os Trens Turísticos de Galicia contan cun novo punto de información en Santiago de Compostela para a venda de billetes, xurdida no marco da colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para promover o turismo de Galicia e o ferrocarril como medio de transporte.

Con vistas á sétima tempada que deu comezo este mes de xuño habilitouse esta oficina situada na entrada museística do Mosteiro de San Martiño Pinario, onde se informa e se comercializarán os billetes desta experiencia turística que permite percorrer Galicia en tren a través de máis de dez itinerarios tematizados baseados en recursos como o patrimonio natural, a enogastronomía, a Ruta da Camelia, a Ruta da Lamprea ou a cultura galega.

Cada unha das rutas pódese realizar nunha única xornada e, ademais da viaxe en tren, ofrece servizo de guías especializados durante todo o percorrido, traslados complementarios en autocar e entradas a todos os puntos de interese.

MonforteLemos

Monforte de Lemos.

Durante a tempada alta e coincidindo co funcionamento da nova edición dos Trens Turísticos de Galicia –de xuño a outubro- o horario ampliarase de 10,00 a 14,30 e de 15,30 a 20,00 horas de luns a venres e os sábados será de 10,00 a 15,00 horas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos