20082019Mar
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 7pm

turismo

Vigo abre as II Xornadas Viaxeiras de Galicia con bloggers e influencers

Durante a xornada, organizada pola Asociación de Bloggers de Viaxes de Galicia, Nava Castro referiuse ao cada vez máis habitual uso das tecnoloxías para elixir destino

08 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Museo do Mar desde Alcabre. / Foto: @SESEIXA Museo do Mar desde Alcabre. / Foto: @SESEIXA

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este venres en Vigo na apertura das II Xornadas Viaxeiras de Galicia onde puxo en valor a contribución que os bloggers e influencers están a ter á hora de reforzar a imaxe e promoción de destinos turísticos como o galego a través das súas experiencias de viaxe.

Durante a xornada, organizada pola Asociación de Bloggers de Viaxes de Galicia, Nava Castro referiuse ao cada vez máis habitual uso das tecnoloxías para elixir destino. “Internet é unha das nosas máis valiosas aliadas no turismo”, indicou referíndose ao seu papel tanto como fonte de información, como para planificar viaxes en liña, mercar produto turístico e mesmo atopar opinións que, dixo, en moitos casos son definitivas na elección do destino.

Salientou a importancia de que tanto bloggers como influencers conten coas ferramentas necesarias para informar e coñecer as características e os recursos do destino ao ser un dos máis destacados prescriptores. Neste sentido e sendo conscientes da importancia deste novo perfil de prescriptores para a promoción dos destinos turísticos, a Consellería de Cultura e Turismo inclúe entre as súas accións anuais a organización de viaxes de familiarización a Galicia enfocadas a xornalistas e tamén bloggers e profesionais de información de viaxes.

Nava Castro puxo en valor o papel da tecnoloxía como unha oportunidade para reforzar o posicionamento nacional e internacional de Galicia nun contexto no que o Big Data está a ser chamado a ser outro dos aliados aliado para segmentar a oferta, personalizala e mesmo para controlar a capacidade de carga e diversificar e especializar a oferta turística.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

tráfico

tecnología

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos