25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 10am

Deporte e turismo sostible ao longo de sete concellos coa "Epic Race"

“Esta proba cada día ten máis éxito. Queremos que se converta nunha referencia porque é unha aposta clara polo deporte, pero tamén polo turismo sostible”, declarou Carmela Silva

04 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Co apoio da Deputación de Pontevedra, a esixente carreira ciclista BTT percorrerá este ano 7 concellos da provincia do 31 de maio ao 2 de xuño. / Foto: Deputación de Pontevedra Co apoio da Deputación de Pontevedra, a esixente carreira ciclista BTT percorrerá este ano 7 concellos da provincia do 31 de maio ao 2 de xuño. / Foto: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Deportes, Chelo Besada, asistiu á presentación da terceira edición da Epic Race, a proba ciclista BTT en formato non stop que se celebrará do 31 de maio ao 2 de xuño.

Este ano terá un percorrido de 550 quilómetros cun desnivel positivo acumulado de 13.000 metros que deberá completarse nun máximo de 51 horas. No acto, a presidenta tamén estivo acompañada polo director técnico da proba, José Victor Cimadevila, polo deseñador do percorrido, Manuel Torres, e por responsables de comunidades de montes da provincia.

“Esta proba cada día ten máis éxito. Queremos que se converta nunha referencia porque é unha aposta clara polo deporte, pero tamén polo turismo sostible”, explicou Silva. Durante a presentación, a presidenta quixo facer fincapé en que hoxe en día, “o deporte é unha gran fonte de atracción de visitantes”. “O BTT é, sen dúbida, un bo exemplo porque non só está relacionado cun deporte atractivo, senón tamén co respecto ao medio ambiente”, apuntou Silva. “As administracións temos o deber de mirar que está acontecendo coa sociedade para apostar por estas novas actividades que reclama a cidadanía”, continuou engadindo.

Ao longo da súa intervención, Silva explicou que as e os participantes, que poderán competir en solitario ou en grupos de dous, tres ou catro, enfrontaranse a un percorrido de 550 quilómetros pola provincia de Pontevedra que se dividirá en oito etapas que atravesarán os concellos de Moraña, Vila de Cruces, Meis, Pontevedra, Ponte Caldelas, Ponteareas e Redondela. Ademais, en todas as etapas haberá zonas de avituallamento para repoñer forzas e realizar reparacións, xa que durante o percorrido non poden recibir axuda externa.

“En 2017 participaron na Epic Race 100 persoas; no 2018, 130; e na actual edición hai inscritas arredor de 200 persoas. Neste ano dobramos os datos respecto da primeira Epic Race, e iso que o prazo de inscrición aínda está aberto ata o 15 de maio”, engadiu Silva, que tamén quixo darlle as grazas “ás persoas organizadoras deste evento e ás comunidades de montes. Nesta provincia hai moita xente poñendo en marcha moitas ideas. Esta foi e é súa, e quero recoñecelo”, rematou.

O director técnico da proba, José Víctor Cimadevila quixo engadir que “a Epic Race son sendeiros, montes, costa e sitios de especial interese. Son 550 quilómetros nos que a Deputación ten que estar e está apoiando dende un inicio esta proba que é tan complexa”. “É un evento que tivo un crecemento progresivo e que, este ano, está a experimentar unha internacionalización: virá xente de Portugal, Inglaterra, Francia, Arxentina e Sudáfrica. Tamén asistirán persoas de Madrid, Andalucía, León e Asturias”.

Durante a presentación da proba, o equipo organizativo recordou que para aquelas persoas que non queiran facer toda a proba completa poderán apuntarse ao Half Epic Race (270 quilómetros e 6.700 metros de desnivel positivo acumulado tamén en formato non stop). Para esta proba haberá un límite de 25 horas para poder completala.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos