17102019Jue
Última edición: Jue, 17 Oct 2019 12pm

Entradas esgotadas para as visitas teatralizadas de Soutomaior e de Sobroso

A bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha serán as personaxes que guiarán esta nova edición das visitas teatralizadas

29 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
No Castelo de Soutomaior vanse desenvolver os días 5, 12 e 19 de maio e mailos días 1, 2 e 8 de xuño. No Castelo de Sobroso chegarán os días 10, 11 e 12 de maio. / Foto: Deputación de Pontevedra No Castelo de Soutomaior vanse desenvolver os días 5, 12 e 19 de maio e mailos días 1, 2 e 8 de xuño. No Castelo de Sobroso chegarán os días 10, 11 e 12 de maio. / Foto: Deputación de Pontevedra

Ás nove da mañá de este luns, 29 de abril, abría o prazo de inscrición e, en pouco máis de dúas horas, a Deputación de Pontevedra esgotou as 380 prazas dispoñibles para a nova edición de visitas teatralizadas nos castelos de Soutomaior e de Sobroso. Un total de 80 persoas participarán nas visitas a Sobroso, onde xa hai unha lista de agarda de máis de 100 persoas, e outras 300 farano en Soutomaior ao longo das fins de semana do vindeiro mes de maio e comezos de xuño.

As personaxes da bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha serán nesta ocasión as personaxes que guíen as novas visitas teatralizadas. Como cada ano, a Deputación de Pontevedra búscase así desestacionalizar o turismo na provincia e dar a coñecer a historia de Soutomaior e Sobroso dun xeito máis ameno, interactivo, innovador e divertido. As visitas ao Castelo de Sobroso terán lugar os días 10, 11 e 12 de maio, cun aforo de 20 persoas por quenda. No caso do Castelo de Soutomaior, a iniciativa vaise desenvolver os días 5, 12 e 19 de maio e mailos días 1, 2 e 8 de xuño, con grupos de 30 persoas por quenda.

No Castelo de Soutomaior, será a bufona Burlona a encargada de abrir as portas da fortaleza, presentando despois a toda unha serie de persoeiros, entre os que aparecerá unha nova personaxe, que será Teresa de Távora. Foi a muller de Pedro Madruga, unha muller que xogou un papel moi activo nos conflitos e alianzas da nobreza galega e que servirá para descubrir un novo punto de vista do castelo, máis divertido e interactivo.

En Sobroso, a visita correrá ao cargo da pantasma Sancha, protagonista dun xogo de pistas para as familias. As persoas visitantes terán que axudar a Sancha, que soña con escapar do castelo, pero para facelo precisa de tres obxectos que se agochan tras os muros e historias de Sobroso. Así, realizarán unha ruta polos muros da fortificación, coñecerán que personaxes habitaron en Sobroso e que historias aconteceron alí e no seu entorno.

Inicia sesión para enviar comentarios

cine

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos