22072019Lun
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 5pm

O Castelo de Soutomaior abre as portas con motivo do certame da Camelia

Estará aberto ao público de xeito gratuíto de 10.00 a 19.00 h, tanto o sábado como o domingo

21 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Castelo de Soutomaior./ Foto: Archivo Castelo de Soutomaior./ Foto: Archivo

A Deputación de Pontevedra levará a cabo esta próxima fin de semana unha xornada de portas abertas no Castelo de Soutomaior co fin de colaborar co XIX Certame e Exposición da Camelia, organizado polo concello, e de acordo coa ordenanza reguladora do edificio histórico que prevé este tipo de accións cando se trata de actividades relacionadas coa posta en valor do mesmo, da camelia ou dos xardíns.

O Castelo estará aberto ao público de xeito gratuíto de 10.00 a 19.00 h, tanto o sábado como o domingo, e respectando a capacidade de aforo do edificio histórico.

A cita cultural, que reunirá a máis de 40 expositores, contará con premios para a mellor flor, mellor composición artística e mellor traballo escolar. Recentemente, a institución provincial desenvolveu as visitas temáticas “A ruta da camelia”, guiadas por persoal do Castelo e que deron a coñecer os principais exemplares de camelia dos máis de 400 cos que conta o seu xardín, declarado de Excelencia Internacional.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos