21032019Jue
Última edición: Jue, 21 Mar 2019 6pm

A ruta ornitolóxica polo Esteiro do Miño e a Foz da Ramallosa esgota as prazas en tres horas

Un total de 25 persoas gozarán desta iniciativa de balde o vindeiro 20 de xaneiro

09 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha das rutas do ano pasado. / Foto: Deputación de Pontevedra Unha das rutas do ano pasado. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra esgotou en menos de tres horas as 25 prazas dispoñibles para a primeira ruta ornitolóxica de balde do programa ‘Voando nas Rías Baixas’, que percorrerá o Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa o vindeiro 20 de xaneiro.

Trátase dunha iniciativa para achegar ao público interesado a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra, que a institución que dirixe Carmela Silva ten en marcha en colaboración con SEO Birdlife. Tras o éxito do ano pasado, agora decidiuse aumentar a oferta e incrementar o número de prazas e as rutas dispoñibles.

Ás 09.00 horas abriuse o prazo para esta primeira ruta, polo Val Miñor e o Baixo Miño, que pouco antes das 12.00 horas xa tiña as súas 25 prazas cubertas. Esta ruta ornitolóxica vaise desenvolver o próximo 20 de xaneiro no Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa, unha zona protexida pola Rede Natura 2000 e cunha gran variedade de aves palustres.

A duración de cada unha das andainas é dunha mañá e durante a actividade, os participantes estarán acompañados de dúas persoas monitoras ornitólogas e terán á súa disposición, de xeito gratuíto, o material óptico, así como unha guía ornitolóxica.

Calendario
A segunda das rutas terá lugar o 10 de febreiro para observar as aves acuáticas e mariñas da enseada de San Simón. O prazo de inscrición abrirase entre o 28 de xaneiro e o 5 de febreiro.

O 3 de marzo desenvolverase o percorrido pola reserva ornitolóxica do Grove, un espazo protexido pola Rede Natura e declarado tamén zona húmida de importancia internacional, Zona de Especial Interese Comunitario e a reserva ornitolóxica máis grande de España. O prazo para participar nesta actividade, na que destacan as súas aves acuáticas invernantes, abrirase do 18 ao 26 de febreiro.

A cuarta andaina está programada para o 19 de maio nas Brañas do Xestoso, zona declarada de Especial Conservación e protexida pola Rede Natura, onde se concentran aves rapaces como a tartaraña cincenta, a gatafornela ou a aguia cobreira. Para anotarse, o prazo será entre o 6 e o 14 de maio.

A última ruta terá lugar na Serra do Suído o 16 de xuño para observar as grandes rapaces como o voitre leonado, a aguia calzada, o abelleiro europeo, a aguia cobreira ou o miñato. O prazo para inscribirse irá do 3 ao 11 de xuño.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

espectáculos

tráfico

medio ambiente

turismo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos