19062019Mié
Última edición: Mié, 19 Jun 2019 8pm

As rutas ornitolóxicas polo esteiro do Miño e A Ramallosa suman a enseada de San Simón

As actividades, que percorren toda a provincia, amplíanse ante a alta demanda e volverán ser de balde

05 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha das rutas do ano pasado. / Foto: Deputación de Pontevedra Unha das rutas do ano pasado. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra volve organizar, en colaboración con SEO Birdlife, as rutas ‘Voando nas Rías Baixas’, que achegarán un ano máis de xeito totalmente gratuíto ao público a riqueza ornitolóxica da provincia. Como novidade, dado o éxito da primeira edición, que esgotou as prazas en canto se abría o prazo de inscrición, este ano auméntase a oferta.

Ademais, vanse organizar ata cinco actividades, dúas máis que o ano pasado. Os espazos naturais que se percorrerán son o esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa, a enseada de San Simón, a reserva do Grove, as Brañas de Xestoso e a Serra do Suído”.

‘Voando nas Rías Baixas’ é unha iniciativa impulsada enmarcada no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra.

Tal e como explica a presidenta da Deputación, Carmela Silva, “non podemos esquecer que o turismo ornitolóxico é unha actividade que desestacionaliza e esperta un grande interese sobre todo entre o público anglosaxón e centroeuropeo”. Amais, a actividade tamén vai en liña con outra das liñas estratéxicas do Plan que formula a necesidade de necesidade de diversificar o turismo ao tempo que sensibiliza á cidadanía local sobre a preservación dos espazos naturais.

“O noso obxectivo é apostar por un turismo máis amigable, máis respectuoso, que permita poñer en valor os recursos naturais, así como o desenvolvemento turístico e económico sostible en zonas de alto valor ecolóxico, a través da observación e o coñecemento das distintas especies de aves presentes nos mesmos”, destacou a presidenta.

Neste mesmo eido incidiu Gustavo Ferreiro, coordinador de SEO Birdlife, que asegurou que o turismo ornitolóxico “é un excelente reclamo para iniciar á xente no goce da natureza e para estender a necesidade de coidar os espazos naturais”.

Datas
A primeira das rutas terá lugar o 20 de xaneiro no Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa, zonas protexidas pola Rede Natura 2000 e cunha grande variedade de aves palustres. O prazo de inscrición para esta ruta ábrese o vindeiro mércores, 9 de xaneiro e permanecerá dispoñible ata o día 15.

A segunda das rutas terá lugar o 10 de febreiro para observar as aves acuáticas e mariñas da enseada de San Simón. O prazo de inscrición estará abierto entre o 28 de xaneiro e o 5 de febreiro.

O 3 de marzo terá lugar a ruta da reserva ornitolóxica do Grove, un espazo protexido pola Rede Natura declarado tamén humidal de importancia internacional, Zona de Especial Interese Comunitario e a reserva ornitolóxica máis grande de España. O prazo de inscrición para participar nesta ruta na que destacan as aves acuáticas invernantes estará aberto do 18 ao 26 de febreiro.

A cuarta ruta desenvolverase o 19 de maio nas Brañas de Xestoso, zona declarada de Especial Conservación e protexida pola Rede Natura na que se concentran aves rapaces como a tartaraña cincenta, a gatafornela ou a aguia cobreira. O prazo de inscrición será entre o 6 e o 14 de maio.

A quinta ruta terá lugar na Serra do Suído o 16 de xuño para observar as grandes rapaces como o voitre leonado, aguia calzada, abelleiro europeo, aguia cobreira ou miñato. Para participar nesta ruta ornitolóxica haberá que inscribirse entre o 3 e o 11 de xuño.

Desenvolvemento da actividade
A duración de cada un dos percorridos será dunha mañá. Durante a actividade, os participantes estarán acompañados de dúas persoas monitoras ornitólogas e terán á súa disposición de xeito gratuíto o material óptico, así como unha guía ornitolóxica.

Os interesadas en participar deberán cubrir, no prazo indicado en cada unha das rutas, un formulario habilitado na páxina web da Deputación. A institución provincial habilitará, de xeito gratuíto e en función da demanda de cada unha das alternativas, o desprazamento para poder participar na actividade.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

san juan

obras

serie

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos