16112019Sáb
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm

As Rías Baixas desembarcan en Oviedo para promocionarse ante medios e axentes turísticos

O patrimonio e a gastronomía serán protagonistas desta primeira acción da Deputación de Pontevedra no mercado asturiano

12 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel promocional da acción. Cartel promocional da acción.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manterá este mércores unha axustada axenda en Oviedo para a promoción do destino #PontevedraProvincia. Deste xeito, ás 11.00 horas terá lugar a presentación da campaña cos atractivos turísticos da provincia no Eurostars Hotel de La Reconquista e, xa pola tarde, a gastronomía das Rías Baixas será a protagonista da gala solidaria en beneficio da Fundación Mensajeros de la Paz.

Nesta primeira cita da xornada de promoción en Oviedo, Silva dará a coñecer os atractivos turísticos das Rías Baixas, centrándose na campaña “Somos historias” e nalgúns dos puntos en común entre Asturias e a provincia de Pontevedra. Ademais da presenza das autoridades locais e do Principado, á presentación do destino asistirán, unha vintena de turoperadores, así como medios de comunicación e axentes turísticos.

A presidenta tamén manterá reunións de traballo nas que se abordarán cuestións relacionadas coa innovación e a xestión intelixente dos destinos turísticos, eixos nos que a institución provincial está a traballar activamente.

Xa pola tarde, ás 20.30 horas terá lugar a Gala Solidaria no Eurostars Hotel de La Reconquista a favor da Fundación Mensajeros de la Paz. Nesta gala, a provincia de Pontevedra terá un especial protagonismo xa que os produtos que se van degustar proceden das Rías Baixas. Concretamente, servirase polbo, vieiras, linguado e unha sobremesa a base de Albariño. O viño será tamén da DO Rías Baixas e irá etiquetado co lema da campaña promocional da Deputación de Pontevedra ‘Somos historias’.

Para a Deputación de Pontevedra o público asturiano é “preferencial” xa que Asturias se trata dun grande emisor de visitantes á provincia. Ademais, segundo os estudos realizados por Turismo Rías Baixas, o público do Principado valora moi positivamente aspectos da provincia como son a cultura e a gastronomía.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos