14112019Jue
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 8pm

O castelo de Soutomaior entra no club dos ‘Grandes Castillos y Palacios de España’

Este ente busca configurar un produto turístico coordinado en todo o país con este tipo de destinos

09 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O castelo de Soutomaior. / Foto: Deputación de Pontevedra O castelo de Soutomaior. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de coñecer a resolución positiva do ‘Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España’ para que o castelo de Soutomaior forme parte del como socio colaborador. Para a presidenta do organismo provincial, este feito “é unha manifestación máis de que os pasos que seguimos a dar para situar a Soutomaior como un dos grandes referentes turísticos da provincia de Pontevedra están a dar os seus froitos”.

Silva amosou a súa satisfacción por este recoñecemento “que converte, máis se cabe, a Soutomaior nun atractivo turístico de primeira orde a nivel estatal”. Carmela Silva destacou que “non paramos de impulsar proxectos no castelo e para o castelo”.

O obxectivo principal deste club turístico consiste en afrontar de xeito coordinado e a escala estatal a oferta cultural e visitas aos castelos e palacios integrados nel. Así, preténdese configurar un produto turístico tomando como elemento principal os castelos e palacios e, a través deles, amosar a historia aderezada con experiencias turísticas novas e singulares.

A presidenta referiuse a que nesta semana se clausuraron as visitas teatralizadas, con todas as prazas esgotadas e case 5.000 persoas en lista de agarda, e vai ter lugar, o vindeiro domingo con motivo do Día Europeo do Enoturismo, unha cata a cegas en colaboración coa Ruta do Viño Rías Baixas que tamén esgotou as cen prazas en canto se ofertaron.

Con esta resolución favorable, que impulsa a Secretaría de Estado de Turismo, o castelo de Soutomaior intégrase ademais nas accións de promoción futuras desta oferta turística cultural. Así, o deputado de Turismo, Santos Héctor, participará o vindeiro 20 de novembro en Madrid na primeira asemblea do club que permitirá situar ao recinto histórico pontevedrés ao mesmo nivel de castelos tan coñecidos como o de Peñafiel ou o de Belmonte.

Durante este acto presentarase a plataforma tecnolóxica a través da cal se porá en valor a rede de castelos pertencente ao club. Ademais, tamén se dará a coñecer o plan de acción para o vindeiro ano, a estratexia promocional da rede de castelos e palacios, a distribución, así como as experiencias desenvolvidas polos castelos e palacios socios.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

sucesos

virales

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos