16112018Vie
Última edición: Vie, 16 Nov 2018 2pm

As visitas teatralizadas do Castelo de Soutomaior remataron con cheo total

Este domingo finalizaron as funcións que este ano aproveitaron as salas interactivas da musealización efectuada para realizar os percorridos cos seus antigos habitantes

05 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Inicio de visita, este domingo. / Foto: Deputacion de Pontevedra Inicio de visita, este domingo. / Foto: Deputacion de Pontevedra

O deputado delegado de turismo, Santos Héctor, asistiu ao castelo de Soutomaior para participar na última das visitas teatralizadas organizadas pola institución provincial, que se desenvolveron os días 14, 20, 21 e 28 de outubro e o 4 de novembro. Unha vez máis, a iniciativa da Deputación de Pontevedra acadou un grande éxito ao sumar un total de 300 participantes nas dez funcións que executou a empresa Troula Animación S.L. Neste eido, as prazas foron cubertas en menos de 24 horas e 5.000 persoas se quedaron en lista de espera.

As visitas, dunha duración de 45 minutos, achegaron ás familias da provincia as historias do castelo desde un punto de vista próximo, divertido e participativo. Ademais, para levar a cabo a actividade aproveitáronse as salas interactivas do castelo e, así, os participantes puideron facer percorridos polo edificio acompañados dos antigos habitantes do castelo, bufóns, cabaleiros, cociñeiros e cociñeiras, trobadores e trobadoras, e a gran novidade deste ano, a pantasma da fortaleza, O Alemanote.

Con estas actividades, que este ano celebran a súa terceira edición, o goberno de Carmela Silva quixo ofertar unha forma diferente de descubrir e coñecer o Castelo de Soutomaior dirixida a todas as persoas que integran a familia, dende as máis pequenas ás maiores, dun xeito divertido e interactivo no que as nenas e nenos puideron coñecer a súa historia dende un punto de vista máis próximo, converténdose cada visita nunha verdadeira aventura.

Dende a súa reapertura o pasado mes de maio, xa pasaron por Soutomaior 23.000 persoas, un 110% máis que no mesmo período maio-setembro de 2017.  

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

celta

espectáculos

economía

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos