18102018Jue
Última edición: Jue, 18 Oct 2018 11am

Vigo alcanzou unha ocupación hoteleira en setembro do 87 por cento

A Deputación de Pontevedra valorou como “extraordinario” o balance do mes pasado

05 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Camiño pola Costa está a medrar moito nos últimos tempos. / Foto: VIGOÉ O Camiño pola Costa está a medrar moito nos últimos tempos. / Foto: VIGOÉ

A Deputación de Pontevedra confirmou este venres que o mes de setembro volveu ser un mes “extraordinario” en canto a ocupación dos establecementos hoteleiros de Vigo, que alcanzaron unha media do 87 por cento. Neste eido, tanto o bo tempo como o cambio nos hábitos vacacionais, que están a aumentar a estancia media das persoas turistas, están a converter a setembro “nun mes cada vez máis atractivo”.

A presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, informou que os datos foron positivos en todo o territorio pontevedrés. Así, a comarca do Salnés acadou unha ocupación hoteleira do 76%, Pontevedra do 87,5%, O Morrazo superou o 58,45%, Caldas o 92%, O Baixo Miño o 66,8%, as comarcas do Condado e da Paradanta acadaron o 48% e as de Deza e Terra de Montes o 65,5%.

En canto ao turismo rural, a presidenta provincial informou que “o esforzo que realizamos para promover o turismo do interior está a dar os seus froitos e novamente e, por noveno mes consecutivo, seguimos rexistrando un incremento da ocupación en turismo rural”.

Neste eido, os establecementos rurais da provincia rexistraron en setembro unha ocupación do 50%, unha porcentaxe que supera en 10 puntos o acadado no 2017 e ata quince puntos por riba da obtida en setembro de 2016. No caso de Vigo o nivel chegou ao 60 por cento.

A presidenta provincial tamén informou sobre a porcentaxe de ocupación relativa ás vivendas turísticas que, no mes de setembro en Vigo ascendeu, segundo facilitou a asociación Aviturga, ao 70%.

Noutro orde de cuestións, a presidenta provincial adiantou que para outubro estanse a rexistrar xa porcentaxes de ocupación hoteleira do 100% nas comarcas do Salnés, Pontevedra e Vigo grazas a eventos como a Festa do Marisco ou Conxemar.

Castelo de Soutomaior e Camiños cara Compostela
A presidenta tamén recordou que desde a reapertura do Castelo de Soutomaior rexistrouse un incremento no número de visitantes do 110% máis que no mesmo período do 2017. Deste xeito, xa pasaron polo Castelo desde maio 23.000 persoas e  4.033 en setembro.

En canto aos Camiños que transcorren pola provincia cara Compostela foron 14.100 as peregrinas e peregrinos que realizaron algunha das rutas, un 34% máis que o ano pasado.  Deste xeito, percorreron o Camiño Portugués 10.196 persoas (23% máis que en setembro do 2017), o Camiño Portugués pola Costa 2.852 persoas (121% máis), a Vía da Prata 1.000 persoas (2% máis) e o Camiño de Inverno un centenar de persoas (12% máis).

Perfil das persoas turistas
As oficinas de turismo rexistraron o mes pasado 10.500 persoas das cales o 81% procedían do Estado (principalmente Madrid, Barcelona, Asturias, Biscaia e Córdoba) e o 19% do estranxeiro (Portugal, Reino Unido, Alemaña, Francia e Italia).

O 52% das persoas que visitaron Rías Baixas en setembro conta con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos e alóxanse en hoteis entre 7 e 15 días. Amais, o 40% achégase á provincia pola nosa cultura e o 63% non tiñan visitado o destino con anterioridade.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

vigo

  • El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años
    El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años El Olivo de Vigo está en plena forma. Una nueva tomografía encargada por el Concello ha constatado que su estado es “muy bueno” y que casi duplicó su volumen en los últimos cinco años. El árbol más representativo de la…
    Leer más...

sucesos

el tiempo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos